PP Ourense pide Plan de potenciación do Entroido para preservar a tradición etnográfica e cultural

Contribuíndo co cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Ourense/PP | Este plan, que debe contar coa colaboración das administracións autonómicas, provinciais e locais, establecería as acción oportunas de cara a preservar este evento, contribuíndo tamén ao cumprimento dos Obxectivos ODS nos seus respectivos territorios

As propias circunstancias del Entroido, máis concretamente do ourensán, centrado no ámbito rural, -frente a outros modelos de carnavales por toda España, máis de masas e desenvolvidos en grandes cidades-, fai necesarias unha planificación e promoción do evento de cara aos próximos anos, que permita continuar co crecemento cuantitativo e cualitativo del Entroido

“É moi importante a pervivencia do Entroido en zonas altamente despoboadas, o que conleva unha ameaza para o mantemento desta tradición etnográfica e cultural, xeradora de beneficios económicos derivados do turismo nas devanditas zonas”, sinala o senador e redactor da moción, Jesús Vázquez

Un elemento crave foi a súa continuidade ao longo dos séculos, non sendo suspendido durante a pandemia da mal chamada “gripe española” nin coa Guerra Civil. Aínda que o Entroido galego estivo prohibido durante a ditadura franquista, debemos lembrar que, a pesar diso, seguiuse celebrando igual. Mais este ano, por primeira vez, anúlase de maneira oficial o Entroido galego debido á pandemia da Covid 19, o que supón un claro contratempo cultural e económico.

A cancelación obrigada provoca unha diminución importante dos recursos, un quebranto para a ansiada recuperación, xa difícil das zonas despoboadas do rural galego. Hostaleiros, restauradores, casas de turismo rural, distribuidores, artesáns, tendas de disfraces, talleres de confección, salóns de peiteado…, están a notar os graves efectos da suspensión do Entroido este ano 2021, sendo para gran parte destes negocios o sustento de todo o ano.