Ponteareas aproba un novo contrato para limpeza viaria

Por valor de 3,27M€ e unha duración de dez anos

Ponteareas | O goberno municipal aprobou no pleno ordinario de febreiro a adxudicación do novo contrato do servizo de limpeza viaria, recollida de residuos sólidos urbanos e xestión do punto limpo. O concelleiro responsable do contrato, Jesús Cao, explica que o novo servizo terá unha duración de dez anos e un orzamento anual de 2.352.854,73 € e implica unha renovación baseada na tecnoloxía, equipamentos e recursos humanos.

Así se incorporan cinco camións de recollida e para a poda domiciliaria; instalaranse 1.937 contedores de todas as fraccións e 1.300 composteiros individuais; nas parroquias crearanse 30 illas de reciclaxe e incorporaranse 400 novos contedores amarelos de envases así como unha brigada permanente de limpeza co foco nas festas e áreas recreativas como A Freixa, San Roque e Ponte das Partidas. Tamén se implantarán dez novos puntos estratéxicos de recollida rápida en todas as fraccións de luns a domingo en zonas de moita afluencia do centro urbano.

PSOE denuncia “irregularidades” no contrato
O Grupo Municipal Socialista votou en contra da aprobación en pleno municipal do contrato de recollida de lixo, limpeza viaria e xestión do punto limpo ao considerar que o procedemento “naceu viciado, pre-senta graves irregularidades e pon en risco os intereses da veciñanza de Ponteareas”.

O PSOE indicou que o Eixo Atlántico, entidade independente que vi-ña asesorando ao Concello, rompeu a colaboración en decembro de 2023 co goberno de Nava Castro tras advertir que unha persoa da empresa FCC —a mesma que xestionaba o servizo e que podía con-correr á licitación— participara en reunións técnicas clave, o que pode supoñer “información privilexiada” para esa empresa que finalmente se presentou en solitario á convocatoria. Tamén denunciou que o go-berno municipal substituíu “a dedo” ao Eixo Atlántico pola consultora GEPRECON S.L., incluso tentando pasar como municipal un informe técnico desa empresa.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.