Ponte Vella regala dez cheques de 250€ entre os seus clientes

O centro comercial premiará as compras con motivo do Día do Pai

Ourense | Con motivo do Día do Pai, Ponte Vella Centro Comercial e Lecer lanza unha promoción especial para premiar aos seus clientes e axudarlles a atopar o detalle perfecto para esta data tan sinalada. Do 12 ao 19 de marzo, o centro comercial sorteará dez cheques regalo de 250€ para gastar nos seus establecementos.

Para participar na promoción, os clientes só terán que realizar compras a partir de 20€ en calquera dos establecementos de Ponte Vella durante o período da campaña. Con cada compra poderán rexistrar a súa ticket no punto de información e entrar no sorteo dun dos dez cheques regalo. Por cada múltiplo de 20€ que sexa a compra (nun ou varios tickets) máis veces poderase participar aumentando as probabilidades de premio, ata un máximo de 8 participacións por compra que corresponden a un importe total de 160€.

Esta iniciativa busca incentivar as compras no centro comercial durante unha das datas máis especiais do calendario familiar, á vez que premia a fidelidade dos visitantes de Ponte Vella. Ademais, o centro comercial posiciónase como o lugar perfecto para atopar o agasallo ideal para o Día do Pai, cunha ampla oferta de moda, tecnoloxía, deporte, lecer, restauración e complementos. Desde detalles orixinais ata agasallos máis especiais, Ponte Vella reúne nun mesmo espazo todo o necesario para sorprender aos pais no seu día.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.