Ponte Vella de Ourense celebra o seu 24º aniversario

O centro comercial programa actividades gratuitas para o público

Ourense | O Centro Comercial Ponte Vella celebra o seu 24º aniversario do 10 ao 25 de outubro cunha programación especial repleta de actividades gratuítas dirixidas a todos os públicos. Visitantes, familias e amigos poderán gozar de talleres, exposicións, xogos, espectáculos e moitas sorpresas máis nun ambiente festivo que percorrerá todo o centro.

Entre as actividades máis destacadas atópase o Playmobil Sky Trails, un espazo de xogo e construción con figuras e circuítos, situado na segunda planta e dispoñible de xoves a domingo de 17 a 21h. (sábados tamén en horario de mañá de 12 a 14h). Os máis aventureiros poderán mergullarse nos Obradoiros Explorania (de 3 a 11 anos), talleres para descubrir a xungla e mundos máxicos, que se celebrarán os venres e sábados pola tarde de 16:30 a 20:30h.

O Club de Ponti tamén está de celebración, xa que cumpre o seu primeiro ano con máis de 1.500 socios. Para conmemoralo, entregarase un agasallo especial: unha foto impresa con a mascota Ponti presente, que ademais celebra o seu terceiro aniversario. Esta actividade desenvolverase do 10 ao 25 de outubro no espazo de talleres de luns a sábado de 18 a 20h.

Os máis pequenos terán o seu lugar nos talleres infantís, que durante o aniversario amplían o seu horario a toda a semana, e os amantes dos videoxogos poderán gozar do Espazo Gaming, con videoconsolas de última xeración (Nintendo Switch, Switch 2 e PS5) e un novo completo simulador racing na planta baixa. Haberá torneos e estrea de novos videoxogos.

A programación complétase cunha exposición artística dos alumnos da Academia de Arte Simón Muñoz, que poderá visitarse a partir do 10 de outubro na segunda planta, e un gran show de maxia a cargo do mago Pablo Estévez, que poñerá o broche final ás celebracións o sábado 25 ás 19:00 horas.

Con esta ampla proposta de lecer, Ponte Vella reafirma o seu compromiso con Ourense como punto de encontro, entretemento e vida familiar, convidando a todos os cidadáns a gozar do seu 24º aniversario nun ambiente cheo de ilusión e diversión.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.