Ponte…nas Ondas! protagoniza in situ os Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural

Iniciativa do Consello da Cultura Galega

Santiago de Compostela | Os Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural son unha iniciativa levada a cabo pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura
Galega (CCG) que comezou en novembro de 2015.

Teñen como obxectivo xerar un espazo de difusión, debate, encontro e coñecemento arredor de diferentes proxectos que afectan ao patrimonio cultural, en xeral, e que moitas veces non chegan a un público amplo por diferentes motivos. Os protagonistas dos encontros son a sociedade, o elemento patrimonial, o debate e a reflexión.

Este In Situ pretende valorizar e divulgar a experiencia de Ponte…nas ondas! (PNO!), que recolle os valores da Convención para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial, uns meses despois de que o modelo PNO! fose inscrito no Rexistro de Boas Prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO.

Na sesión que se vai celebrar en Tui o martes 18 de abril participan dous antropólogos que teñen unha ampla experiencia de investigación e estudo do patrimonio cultural inmaterial galego-portugués. Xerardo Pereiro, da Universidade de Tras-Os-Montes e Alto Douro e Álvaro Campelo da Universidade Fernando Pessoa do Porto, a xornalista María Xosé Porteiro e Santiago Veloso, coordinador de Ponte…nas ondas!

Colaboran o Concello e a Radio Municipal de Tui. + info: htttp://consellodacultura.gal/evento.php?id=201580

Interese polo “modelo PNO!”
Despois da inscrición no mes de decembro en Rabat como “modelo de boas prácticas”,
Ponte…nas ondas! está a participar en diferentes foros que teñen lugar con motivo da
conmemoración do 20 aniversario da Convención.

No pasado mes de marzo foi convidada a participar no Foro de Asociacións e Xestores
culturais “Patrimonio transfronteirizo” que organizou Hispania Nostra en Badajoz.
https://www.hispanianostra.org/celebrado-el-42-foro-de-asociaciones-y-gestoresculturales-patrimonio-transfronterizo-en-badajoz/

Ao mesmo tempo, o Ministério de Cultura de Portugal incluiu a Ponte…nas ondas! no
Encontro “Portugal imaterial” na mesa “Vozes do imaterial. Os detentores do PCI em
Portugal”. https://www.patrimoniocultural.gov.pt/pt/agenda/meetings-and-conferences/encontroportugal-imaterial-convencao-unesco-2003-2023/

O Consello da Cultura Galega e Ponte…nas ondas!
O Concello da Cultura Galega é unha das institucións que vén apoiando as accións de
Ponte…nas ondas! desde hai décadas, a última foi a edición do libro-USB Meniños
cantores 2 que foi presentado no Rosal pola presidenta Rosario Álvarez.
http://pontenasondas.org/gala-de-presentacion-de-meninos-cantores-2-no-baixo-mino/