“Podemos dicir que Monção é un referente dentro do turismo en Portugal”

Fernando Barbosa | Alcalde de Monção

O alcalde de Monção, xunto cun equipo de persoas, deron a coñecer as oportunidades e as posibilidades do turismo arredor da vila portuguesa nun encontro no Espazo Turismo Norte de Portugal. Así é como que fixo unha intervención onde deixou claros os obxectivos do seu investimento de futuro: ir pouco a pouco dándose a coñecer nos mercados foráneos e tamén portugueses, procurando deixar a pegada dun turismo de calidade e que busca integrar ao visitante na contorna e na vida cotiá de Monção.

Cal é o motivo polo que Monção quere estar hoxe aquí en Santiago?
Nós temos tentado nos últimos anos unha aposta grande na Galiza. Naturalmente que si é un mercado para Portugal e particularmente para Monção, non só en termos de turismo de natureza, mais tamén sabemos que é importante o turismo da gastronomía.

Por tanto, hoxe estamos aquí porque para nós é unha forma de facer unha aproximación, particularmente aquí no centro de Turismo de Porto e Norte de Portugal e en Santiago de Compostela por ser un destino eu diría tan mundial, tan transversal, moi ligado ao turismo relixioso.

Tamén queremos estar aquí de maneira permanente para comunicar os eventos que Monção pode ofrecer todo o ano. Por sorte temos un territorio que ten unha oferta que vai de xaneiro a decembro, non cunha oferta centrada nunha altura do ano. Nós comezamos o día 21 de xaneiro a Semana do Bacalhau. É unha vía de mostrar un territorio que ten moito para ofrecer os 365 días do ano e ese é o obxectivo polo que estamos aquí.

Que outros elementos pode ofrecer Monção á parte dos que xa describiu?
Turismo de natureza. Esta é unha forte aposta que estamos a facer, coas rutas naturais. Eu digo que Monção ten a sorte de ter o río principal que nos pertence aos dous lados da fronteira, O Pai Miño, como nós lle chamamos. Mais tamén temos outros ríos que atravesan o noso territorio e son posuidores dunha riqueza enorme como son o río Mouro e o río Gadanha.

Fixemos unha intervencións fortísimas para paseos pedestres con pasadizos para poder ter acceso ás áreas de interese. Por tanto, hoxe podemos dicir que dentro do turismo somos un referente nacional. Tanto é así que hoxe Monção está a piques de abrir nos próximos meses, moito antes de que finalice o ano, o primeiro hotel de cinco estrelas no Alto Miño. Isto demostra o interese das cadeas hoteleiras no noso territorio.

Tamén está crecendo dunha maneira exponencial a cuestión do viño, no caso particular do alvarinho. É por iso que temos un turismo de moita calidade para ofrecer desde o gastronómico, patrimonio e natureza.

“Hoxe podemos dicir que, dentro do turismo, somos un referente nacional”

Cales son os traballos que realizaron para a preservación do patrimonio natural e conservalo para o turismo?
O obxectivo é ser o máis natural posible. O que é o mantemento e aproveitamento das marxe esquerda do río Gadanha é tornar eses paseos o máis naturais posibles. Como facemos? O que sería a intervención con pasadizos é abrilos onde é imprescindible abrilos, mais tamén estamos a tentar deixar os antigos camiños dos pescadores para ficaren naturais.

Tamén aproveitaremos percorridos históricos. Non esquecemos o turismo con aspectos relixiosos, sen esquecer a cuestión do Caminho Minhoto-Ribeiro, este traballo que está feito dese anel verde até Melgaço con pasaxe a España até chegar a Santiago. É por iso que estamos a facer a certificación deste camiño e sobre iso xa nos constan feitos históricos, pois quizais un dos camiños máis antigos a Santiago sexa este que pasa por Monção sobre o cal estamos a traballar.

Recuperaron tamén elementos naturais como árbores ou fauna que lle dean riqueza á contorna de Monção?
Estase tentando dar unhas condicións para que o turismo e a economía non poñan causa de estragar a natureza. En Portugal afortunadamente temos un conxunto de especies protexidas como son o lobo ibérico, con áreas debidamente protexidas onde a intervención é case inexistente.

A cuestión da fauna e flora é importante coa reforestación, pois desafortunadamente en 2017 a nosa área foi moi castigada polos incendios forestais. Por tanto, nese sentido, temos feito un esforzo enorme en reforestar con especies autóctonas, especies que teñen a ver co noso territorio. Por tanto no sentido de termos o turismo estar a aumentar e a economía estar a facer o seu camiño, é dicir, a economía de Monção goza de boa saúde e está a crecer con empresas e investimento, mais garantindo que cando o turista chega ao territorio consiga sentir o que é a identidade do territorio, ese é o grande segredo. E naturalmente a fauna, a flora, os animais, todo aquilo que é natural e era preexistente neses territorios, penso que é tan importante como o que nos ofertamos neste tema.

“Estase tentando dar unhas condicións para que o turismo e a economía non poñan causa de estragar a natureza”

Cales son as recompensas que gustaría de levar despois deste encontro en Santiago?
O noso obxectivo é dar pasos a modo, pouco a pouco, mais firmes. Nós temos traballado moito a zona de Galicia usando os medios de comunicación social, a prensa escrita ou a radio.

Nós temos aquí un mercado enorme pois o español vai moito polo lado portugués por varios motivos, por exemplo, galegos e portugueses temos unhas maneiras moi parecidas, moi propias de ser, gostamos de nos ver de nos contar historias, penso que o turismo gusta moito diso, de ver quen vive aquí, que estes territorios seguen a ter contido que é aquilo principal, a autenticidade. Hoxe o turista cando sae fóra non quere estar con turistas, quere estar coa xente local, pois isto enriquece a propia riqueza turística. Isto estamos a tentar facer en Monção, a Semana do Bacalhau é algo máis que ofrecer un prato, quermos transformar ese encontro nunha transmisión do que son as nosas vivencias, creo que iso vai atraer aos visitantes.

“Vigo é outro punto moi importante para nós, Pontevedra e eu diría que na Coruña e Ourense”

Ademais de Santiago, van visitar outras cidades?
Estamos facendo este camiño non só do lado español como tamén do lado portugués moito máis do que andamos paulatinamente en feiras de turismo. Estas son moito máis híbridas, de maior dimensión porque están pensados para grantes territorios. Nós temos pensado nestes pequenos nichos, chegar a pequenos públicos mais onde podemos conseguir dunha forma paulatina para pasar este amor pola terra e esa maneira para nós é ben cun prato comida ou con outros elementos do territorio.

Así imos dar pasos firmes, hoxe estamos en Santiago, Vigo é outro punto moi importante para nós, Pontevedra e eu diría que na Coruña e Ourense, temos un conxunto de mercados onde pouco a pouco percorreremos ese camiño.

Tampouco queremos un crecemento desordenado do turismo pois esa vía sempre acaba mal. Nós optamos por ir paso a paso por este camiño, un camiño eu diría de certificación da autenticidade do territorio e un crecemento sustentable que é o importante.

Nado en Xove. Redactor en medios online, gabinetes de prensa, campañas electorais e bolseiro en medios radiofónicos. Desenvolvemento de proxectos web municipais e posicionador SEO. Blogueiro, community manager e investigador.