Plataforma “SOS Sanidade Pública” impulsará unha IPL para salvar a atención primaria en Galicia

Será presentada ante o Parlamento de Galicia

Santiago de Compostela | As Plataformas, organizacións sociais, profesionais, de pacientes, políticas e sindicais que intrigamos SOS Sanidade Pública, presentamos unha Iniciativa Lexislativa Popular ante o Parlamento de Galicia coa finalidade de promover cambios na lexislación sanitaria galega para facer fronte á deterioración e desmantelamento da Atención Primaria, que é o piar fundamental do sistema sanitario público galego.

A política do SERGAS, Conselleria de Sanidade e Xunta de Gaalicia baseouse en recortar persoal e as súas condicións laborais cada vez mais inestables e precarias (medicina de familia pediatría, enfermería, matronas, traballo social, administrativo…), reducir orzamentos, primacía da consulta telefónica e telemática sobre a presencial, falta de persoal e de liñas para contactar cos Centros de Saúde, mal dimensionamento dos equipos profesionais (falta fisioterapia, psicoloxía, farmacia, logopedia, traballo social, terapia ocupacional, atención temperá…), peche dos Centros de Saúde Periféricos, sometemento da primaria aos hospitais por falta de autonomía de xestión, ausencia de instrumentos para a participación social na planificación e control da actividade dos centros, medicalización da atención abandonando a promoción e prevención de saúde, ou ausencia de traballo comunitario para actuar sobre os determinantes da saúde.

Esta situación esta condicionado graves problemas de accesibilidade; listas de espera inaceptables; imposibilidade de contacto directo da poboación cos seus sanitarios; perdida de integralidade; desigualdade e marxinación de mulleres, anciáns e medio rural; fatiga e frustración do persoal; e nula participación real.

Coa Iniciativa Lexislativa Popular “Salvar a Atención Primaria” pretendemos:
1.- Que o Parlamento de Galicia debata e aprobe unha serie de medidas para garantir o acceso, da poboación á AP, o fin das listas de espera, un nivel de persoal suficiente, garantir a equidade na atención, mellorar as condicionais laborais e a estabilidade do persoal, reabrir centros pechados, recuperar a autonomía de xestión da AP, dar participación real á poboación e desenvolver o modelo comunitario en colaboración con institucións e organizacións de cada localidade.

2.- Abrir durante os meses que duren as recollidas de firmas (hai que conseguir 10.000 durante 3 meses) un proceso de información e debate aberto coa poboación sobre critícaa situación da AP e as medidas que propoñemos para solucionala.

3.- Lograr o máximo apoio ás medidas que propoñemos na ILP de organizacións sociais, axentes sociais e institucións representativas da poboación.

A grave crise da Atención e Primaria e do Sistema Sanitario Público Galegos precisa de medidas urxentes e extraordinarias para evitar o seu colapso, desmantelamento e privatización.