Ourense | Ata eta mañá leevan queimadas case setenta mil hectáreas na provincia de Ourense. Quedou extinguido o incendio en San Cibrao das Viñas-Rante (40 ha). Están activos os incendios de Chandrexa de Queixa e Vilariño (son un único incendio con arredor de 18.000 ha afectadas), Oímbra e Xinzo de Limia (A Granxa e Gudín 15.000 ha), A Mezquita-A Esculqueira (10.000 ha), Vilardevós-Moialde (500 ha), Larouco-Seadur (máis de 20.000 ha), Carballeda de Avia e Beade (Vilar de Condes e As Regadas 4.000 ha) e Carballeda de Valdeorras-Casaio (20 ha).
Están estabilizados os lumes de Vilardevós-Vilar de Cervos (900 ha), Maceda (Santiso e Castro de Escuadro uníronse con 3.500 ha), Vilardevós-Fumaces e a Trepa (100 ha), Agolada-O Sexo (400 ha), Riós-Trasestrada (20 ha) e Montederramo-Paredes (120 ha)
Están controlados os incendios de Cervantes-Vilarello (150 ha), O Saviñao-Chave (60 ha), A Fonsagrada-Monteseiro (150 ha) e Muxía-Nosa Señora da O (23 ha.
Reparto de material
O restaurante Mesón do Manolo, da rúa Greco do barrio de O Couto, é un dos varios centro de recepción de alimentos e material para os brigadistas e veciños dos pobos afectados polo incendios na provincia. Aquí chegan alimentos, bebidas, mascarillas, suero, rastrillos, cubos, lentes de protección, ropa ignifuga, comida para o gando.
O ex brigadista Noel González González coordina o reparto que efectúan setecentos voluntarios nos seus coches e furgonetas. A Cualedro levaron una boa cantidad de agua embotellada xa que logo o Concello anunciou que a auga do subministro municipal non é potable. Ao mesón están chegaron desde o lunes día 18 paquetes enviados desde Santiago, Vigo, Lugo, A Coruña e Ourense. Na foto o coordinador das entregas Noel, co persoal do mesón do Manolo.