Paco Ascón, o pincel da beleza.

Paco Ascón coa súa musa Carmen Belvert, “toda unha vida saudando a beleza”.

Os camiños son gromiños dos viaxeiros da alma; camiños de Barcelona de Xares, de Madrid e da Coruña. Estás que non paras Paco!. “Moi malo cando me pare! Pintando ou espoñendo, maxinando ou andando, no podo pararme amigo, ou ando ou morro!”

“Desta enerxía esta feita a arte de Paco Ascón, que pinta a toda horas, cas cores as máis das veces, e coa pluma outras tantas”

Desta enerxía esta feita a arte de Paco Ascón, que pinta a toda horas, cas cores as máis das veces, e coa pluma outras tantas; pinta árbores e flores, pinta sentimentos no lenzo ou no papel, pinta xentes que non son e outras que deberian ser; paixases que aínda son, para que nunca deixen de Ser. Para el importa moito máis o Ser co Ter, o Ser co Parecer!

Na Coruña anda a expoñer con ARGA na Feira, un alicerce dos pintores e da pintura, ao mesmo tempo en Madrid na Casa de Galicia achega o nosa cultura, con agarimo, con dozura sen facer barullo; co seu mirar de “señor” que sabe ben o que pinta; co corazón cheo de bondade e a fronte levantada para loitar contra inxustiza, veña de onde veña; non calando cos aldraxes defendendo os máis pequeniños, porque todos os grandes son humildes e saben coma Rosalía que os que máis alto suben, máis fondo caen.

E tamén leva Ourense polos camiños; a catedral e a praza, as fontes, as pontes e as cores, paletas de ocres; ninguen pinta, Paco, os ocres coma ti! Rocas ou Triacastela tamén viven da túa man, asolagados de historia ferven na túa arte, inmortalizas as veces o inmortal de parte a parte.

E qué direi das Portas de Lugo, das da muralla milenaria, do Lucus que baña o Miño baixando cara Ourense, como se abren esas portas na vida do teu pincel, creandoas de novo, como un deus que transforma a beleza, a memorfose da beldade camiño da eternidade da arte; todo coa minuciosidade do orfebre, coa dozura do poeta, ca sinxeleza da sabiduría.

Amigos madrileños ou foráneos de visita, engadide no voso paseo, cando vaiades o Prado, pretiño na Casa de Galicia, atoparedes isto que vos conto, un artista en estado puro nas paredes desa Casa de todos os galegos e se vos pilla por Coruña cos arrecendos a sal, visitade A Feira de Arga, nos xardíns de Méndez Núñez. Disfrutade da arte no mar, das ondas e das liñas, da mestría na trazo, da luz do mundo na man do pintor e do poeta, pois de cada cadro emerxe, vida, arte e poesía.

Alí atoparedelo acompañando a outros, porque él é feliz compartindo formando parte, sendo él nos outros e os outros nel; as viaxes son mellores con amigos e Ascón sabe o verdadeiro valor das dúas cousas, segue camiñando, segue pintando a realidade cos seus ollos cargados de poesía.

Segue camiñando para cos outros viaxeiros podamos transitar ao seu carón; unha honra e un agasallo poder facerche compaña!

Fillo de emigrantes galegos, naceu en Caracas. Empresario. Articulista e colaborador en varios xornais. Creador da sección “Con Sentimento” na revista internacional “A Bugalla”. Coautor de "As andrómenas e outros contos" (editorial A Formiga Rabicha). Participa activamente en iniciativas solidarias e culturais.