Ourense clausurou o Festival Internacional de Cine

O festival celebrou o seu 30 aniversario

Ourense | O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, asistiron á clausura do Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF), que conta co apoio da Xunta de Galicia, e á estrea da película La deuda, de Daniel Guzmán.

Xosé Merelles destacou a traxectoria do OUFF, que celebra o seu 30 aniversario, e subliñou a relevancia para a proxección internacional de Galicia como destino de grandes eventos e para a cidade de Ourense.

Tamén recordou o papel do festival como plataforma de encontro para profesionais. Felicitou á organización e aos premiados ao tempo que incidiu no impacto económico na cidade e na súa imaxe ao exterior.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.