Ourense | Outro ano máis, e xá van 15, o Círculo Poético Ourensán celebra en Ourense o seu Encontro Internacional de Poesía “Víctor Campio”. Celebrarase os días 3, 4 e 5 do próximo mes de outubro. Con tal motivo entrevistamos o seu presidente José Ramón Fernández Morgade.
Quince anos de encontro de poesía son para celebrar…
Celebrar os 15 anos dun encontro internacional de poesía non é só conmemorar un aniversario. Significa, tamén, recoñecer o levantamento dun espazo vital para as Letras, toda unha tradición que arraigou en Ourense e, ademais, proxectouse ao mundo. É máis, eses 15 anos de poesía representan un longo poema colectivo en constante crecemento.
Qué representan estes 15 anos?
Representan a acumulación de decenas de voces de poetas de diversos países de mundo, de miles de versos recitados baixo a choiva ou o sol de Ourense. É, por tanto, a proba de que a poesía non é un acto solitario, senón un diálogo constante, unha rede de afectos e de ideas que se estende e fortalécense ano tras ano, de aí o lema deste encontro “Quince anos de versos, quince anos de amizade”.
A cidade de Orense e parte fundamental dos encontros, non sí?
A cidade de Ourense non soamente é parte fundamental dos encontros senón un magnífico escenario para eles. As rúas, prazas e cafés convértense en auditorios onde a palabra recupera a súa poder. Os encontros achegan a poesía á xente, normalizándoa e mostrándoa como un motor de pensamentos e emocións.
Qué poetas participan este ano?
Este ano, por ser o 15, preguntamos ás nosas amigas e os nosos amigos de Círculo cales foron as e os poetas que máis lles gustaron nos 14 encontros anteriores, e desa valoración saíron as e os participantes no encontro deste ano, que son por orde alfabética, para que ninguén se enfade (risas), Carmen Salamanca, de Madrid; Irma do Ángel, de San Luís Potosí (México); Patricia Cortés, de Málaga; Rita Capucho, de Aveiro (Portugal) e Roberto Reséndiz, de Zamora (México). Ademáis dos integrantes de Círculo Poético Ourensán.
E a música non pode faltar nos encontros de poesía de Círculo…
Nos encontros de poesía de Círculo a música non é un simple adorno, senón un elemento esencial que enriquece a experiencia. Música e poesía son linguaxes artísticas que se complementan e potencian. A música permite que o público conecte coa poesía dunha maneira máis completa, creando un ambiente artístico moito mais agradable. Este ano por ser especial, acompañarannos A Voz dás Mouras, Emilio Rúa e A Dama de Gris que, sen dúbida, farannos vibrar coas súas interpretacións.
Qué actos vai haber e onde?
Comezamos o venres 3 de outubro pola mañá con vistas a colexios. Xá pola tarde ás 19:00 teremos unha sesión de contacontos a cargo de Irma do Angel. A continuación, ás 20:00 será o espectáculo de poesía e música, os dous actos no Centro Comercial Ponte Vella. O sábado 4 de outubro as 12:00 horas en Bonus Track faremos unha presentación de libros de poesía con actuación musical, e pola tarde a partir das 19:00 horas terá lugar a gala de Círculo Poético no Liceo de Ourense. Xá o domingo 5 nos despraceremos a un concello ainda sin determinar, onde faremos un recital con poesía e música. Todos os actos están abertos a ciudadanía, ata completar aforo, e son de balde.