“Os subalternos non teñen a mesma concepción do mundo que os dominadores”

Daniel Salgado | Escritor e Xornalista.

Daniel Salgado xa tén detrás súa unha obra tanto literaria como xornalística que suma varios títulos. Licenciado en Xornalismo, ten traballado en redaccións como a extinta delegación de El País Galicia, gabinetes de prensa, outra vez redaccións xornalísticas e entre unha cousa e outra, foi sacando libros de poesía, artigos especializados en revistas tanto estatais como dentro da Galicia administrativa, así como colaboracións e publicacións varias sobe temas varios. Non é un segredo que a súa cultura musical recolle un espectro amplo de estilos, uns con máis agrado que outros por parte del. Entrevistámolo aquí sobre o último poemario O gran rexeitamento. Flores para Albert Ayler, é unha continuidade que recolle as diferentes impresións producidas polo jazz do músico afroamericano Albert Ayler mesturadas coas impresións que rodearon algúns acontecementos propios e non tan propios vividos polo autor, na opinión de quen asina esta entrevista.

Un dos primeiros versos menciona “estruturas que colapsan”. A música de Ayler nace no medio dun mundo que parecía colapsar e mesmo parecen seguir colapsando.

É unha maneira de velo. Todo o libro xoga un pouco coa música de Ayler, as circunstancias históricas en que foi creada e o momento actual. É un xogo constante entre eses tres planos históricos e temporais. Entón claro, podes facer a lectura neses tres niveis. As estruturas que colapsan son tanto as da música, do jazz neste caso, porque el as facía rebentar por todas partes. Ao mesmo tempo estaba inscrita nese “gran rexeitamento” do que falaba Marcuse, que utilizo para contextualizar o libro e ao mesmo tempo é a demolición controlada á que estamos asistindo nas nosas condicións de vida.

A pantasma de Ayler non é unha desas fantasmas académicas, non foi el mesmo absorbido por unha academia”?

Non exactamente. O uso da palabra fantasma tamén ten que ver co uso que fago cos títulos das súas cancións e dos seus discos, usa moito “gosht”. A min tamén me serve para xogar coa primeira frase do Manifesto Comunista: “unha fantasma percorre Europa”. Gústanme todos eses xogos de evocacións, intentar darlle profundidade ás palabras pero non no sentido abstacto, senón no concreto, que teñan capas de significados e que remitan a outras historias. Pero non creo que Albert Ayler fose abosrbido pola academia. Ao contrario que outros músicos que se inscribiron no chamado “free jazz”, que dalgunha maneira eles mesmos eran proclibes a iso. Dalgunha maneira Albert Ayler aínda que non fose alguén moi politizado nin que fixese moita bandeira diso, si que dalgunha maneira foi dos máis rebeldes. Creo que a súa praxe e a súa música non foron succionadas nin foron normalizadas. Outros músicos como Anthony Braxton que foi profesor despois, si foi absorbido. Pero tampouco é un xeito de valor.

Non hai como un ataque aos “quintacolumnistas” da arte desde a música e actitude de Ayler?

Creo que non o facía moi explicitamente. El era moi singular, era unha persoa cun mundo propio. Sempre digo que a súa música é estraña porque soa ao mesmo tempo como se fose primitiva e futurista, como se tivese un pé no pasado e outro no futuro. Ao principio non é freejazz senón unha música máis abstracta, atonal, que todo o tempo está remitindo á música dos negros americanos, ás súas raíces, á súa cultura e as súas loitas, e por tanto, como unha banda sonora do movemento de emancipación negro. Pero todo isto tamén pode lerse como recollida de ecos do momento actual, da poesía actual. A música de Ayler non recibira moi boas críticas no seu momento, tardou en ser acpetada como o seguinte paso na evolución do jazz. Agás por algúns músicos como Amiri Baraka que é o poeta autor dunha das dúas citas do libro. Baraka foi o primeiro en ver o desafío artístico e político da música de Ayler e que destapaba esa quintacolumna conservadora que había na crítica de jazz.

Albert Ayler tardou, como dixeches, en ser recoñecido, había como un freo á súa obra.

El vaise para Europa e grava os primeiros discos en Suecia. Logo cando volve aos EE UU e grava cun selo moi particular Espdisk, que é Discos Esperanto, é unha discográfica que non só tiña jazz, incluía rock e outros estilos. Máis adiante, John Coltrane, no seu labor de músico de jazz no seu momento, impagable labor de apadriñamento de músicos novos, axúda a Ayler que Impulse, o grande selo discográfico, edite os seus discos. Impulse, como todos os grandes selos discográficos era propiedade dun xudeo. Desta maneira pode entrar noutro circuito e de feito a partir do ano 1966 xa edita os seus discos en Impulse, a pesar de que a súa música segue a ser incomprendida pola crítica. Existe por exemplo ese disco “New Grass” un intento de facerse comercial, unha peza moi rara. Hai quen di que Ayler era o Espírito Santo do jazz.

Hai un verso no que falas “do reloxo do home branco”, mudou ese reloxo ou segue sendo o mesmo?

Aí hai unha referencia a un texto de Walter Benjamin, cando fala das distintas temporalidades, que o tempo baleiro é homoxéneo dentro do capital fronte ao tempo, non o di así, pleno de revolución. Era unha referencia lembrando que na Revolución Francesa, os revolucionarios disparaban aos reloxos. Non sei se é así a imaxe, pero é moi bonita e moi suxestiva e moi explicativa. Entón iso quere dicir que os subalternos non teñen a mesma concepción do mundo que teñen os dominadores ni tampouco teñen a mesma concepción do tempo.

“As armas que decidiron a xeografía das illas, os xacobinos negros” moi haitiano este verso.

O xogo de referencias do libro é moi amplo. Hai un libro de Marcuse que se chama Ensaio sobre a liberación do ano 1969, no que el di que a época do rexeitamento nos EE UU son os anos sesenta e aí enmarca todas as litas e combates contra o establishmet, desde o movemento feminista radical, o movemento obreiro organizado e o de emancipación negra. A min parecíame que o freejazz formaba parte dese grande rexeitamento pero eu tentei amplialo, por iso introducín o movemento xacobino, un deses momentos que lle dan sentido aos séculos e séculos de combate pola liberdade.

Jazz como liberación e logo como un selo de distinción case elitista.

Si, si. É así, é curioso porque o freejazz, con toda a sona que ten de música difícil estaba moi encardinada nos movementos sociais, pero non como banda sonora senón que tocaban nos centros sociais da época, non eran admitidos nos escenarios habituais do jazz e tocaban nos centros dos Panteras Negras. O último concerto gravado de Coltraine, foi nun centro de cultura africana. Coltraine na súa segunda etapa de música máis rompedora, non o querían nos sitios máis habituas. Tivo que ir aos centros socioculturais do movemento negro.

Nado en Xove. Redactor en medios online, gabinetes de prensa, campañas electorais e bolseiro en medios radiofónicos. Desenvolvemento de proxectos web municipais e posicionador SEO. Blogueiro, community manager e investigador.