
Ourense | A directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita, participou hoxe na presentación dos Premios Rebulir da Cultura Galega. Estes galardóns, que contan co apoio da Xunta de Galicia, están organizados pola Asociación Cultural Rebulir de Ramirás, en Ourense, e chegan á súa 14ª convocatoria.
Os premios, que se outorgan no marco da 20ª edición do Festival Internacional Rebulir, signifícanse como un recoñecemento a aquelas persoas ou colectivos que promoven a cultura galega máis aló das fronteiras, como apuntou Carmen Pita.
“Os Premios Rebulir contribúen tamén de forma significativa a reforzar a proxección do destino Galicia, apostando polo talento e as distintas manifestacións e poñendo en valor a súa relación con outros territorios ou grupos. Constitúen así un elemento esencial para apoiar a imaxe de Galicia”, incidiu.




