Os mares aínda están cheos de vida e ofrécennos alimentos. Son tamén unha fonte de emprego. Son unha vía de transporte. Son provedores de oxíxeno. E de materias primas. Son lugares de descanso. Protectores do clima, reguladores climáticos. Porén están contaminados. Hai sobrepesca no mundo e necesitanse máis zonas protexidas; debemos comer menos peixe e fomentar a pesca artesanal, menos destrutiva. Erradicar o descarte; pois tiransse os animais vivos ou gravemente feridos opola borda; como se fai coas quenllas despois de cortarlle as aletas. E é preciso sancionar aos países que seguen pescando ilegalmente baleas.
Hai tamén anomalías no equilibrio térmico dos océanos. A temperatura sobe constantemente. Os arrecifes de coral branquean e morren. Moitas especies mariñas alteran o seu comportamento. Por mor da actividade humana aumenta o dióxido de carbono e a acidificación. As correntes mariñas altéranse. Sobe o nível do mar. Agrávase a perda de biodiversidade. Hai especies que están na lista vermella e séguense pencando ou cazando. As cidades e as zonas industriais verten aos mares augas residuais sen o necesario tratamento.
“Hai tamén anomalías no equilibrio térmico dos océanos. A temperatura sobe constantemente”
A acuicultura industrial actual ten eivas moi graves pois os peixes carecen de espazo suficiente, enferman e son tratados con antibióticos. A auxe excesiva da enerxía eólica mariña é tamén un perigo pois mata a biodiversidade. A explotación mineira e petrolífera causa problemas non resoltos e contamina. Hai demasiados barcos cruzando os océanos, os verquidos de petróleo ocasionan catástrofes medioambientais, como ben sabemos en Galiza. E os animais mariños soportan un ruído excesivo, atroz.
O plástico xa é unha praga nos océanos e os animais (os humanos tamén) comen microplásticos. Hai inmensas illas de lixo e plásticos flotando nos océanos. Por se fose pouco nos mares bótanse residuos radioactivos e lixo perigoso no fondo mariño. Os verquidos radioactivos de Fukushima siguen sendo unha ameaza para os ecosistemas mariños. Eu son de interior e non entendo demasiado; porén si sei que a vida no planeta está ameazada: en terra firme, no interior, e nos mares. Por iso aprecio moito a loita de ADEGA, Verdegaia e demais asociacións ecoloxistas. A iniciativa conservacionista individual dun dos fundadores de ADEGA, Pepe Salvadores, que repoboou un teixedal. E o traballo conservacionista da Asociación Cultural e Ecoloxista Ridimoas de Pablo Outabén e demais. Etc.