Os nosos paxaros: O Paporrubio

Paporrubio común
É seguramente o paxaro máis amistoso e confiado coa xente, pero a pesar disto con relación ao resto das aves e territorial e incluso hostil. De todas formas e unha ave realmente grácil chegando a acostumarse ao ser humano ata o punto de achegarse voluntariamente a el. É relativamente confiado co home podendo chegar a comer, nalgúns casos da súa man.
Ademais disto ten un bonito canto e non interfire coas actividades humanas polo que a pesar de ser precioso fai que o paporrubio real non moleste en absoluto. Acostuman a cantar tanto o macho como a femia e fanno de forma melódica desde antes do alborexar ata o solpor.
Teñen o tamaño dun pardal común pero é máis lixeiro. Osadultos se distinguen pola cor laranxa intensa de seu peito e cara, sobre unha plumaxe pardo olivácea. Os exemplares novos carecen de cor alaranxado e son marcadamente moteados de pardo oscuro e ocre. Destacan polos seus ollos grandes, negros e redondos. Os pitiños mentres están no niño teñen o interior do peteiro de cor amarelo verdoso.
Vive polo xeral en bosques húmedos como carballeiras, soutos, etc. e en sitios con abundante matorral e tamén polos matos das ribeiras dos ríos. É un paxaro moi común en parques e xardíns de pobos, vilas e cidades. Resulta ser un paxaro moi fácil de atraer aos comedoiros e caixas niño. En toda Galicia a poboación de paporrubios aumentan considerablemente ao chegar o outono,sobre todo nos anos fríos, cando os exemplares do norte de Europa buscan refuxio nas nosas latitudes.
Xeralmente incuba os ovos no niño desdee abril ata agosto. A incubación tarda de trece a catorce días. Tamén xeralmente é a femia a que acude ao macho no seu territorio. Poñen de cinco a seis ovos en cada posta sendo estes de cor branca con puntiños marróns. Cando ela está esperando a segunda posta, é o macho quen se encarga da alimentación de primera niñada. De cada niñada saen adiante unha ou dúas crías. Estas comenzan a voar aos trece ou catorce días despois de sair do ovo.
Niño de Paporrubio
O paporrubio é un paxaro moi sociable, atrevido e curioso que acostuma a sair do bosque plantarse no medio e medio dun camiño para ver quen chega a súa propiedade, emitiendo a súa característica voz de alerta que ven sendo un chip-chip metálico e seco. Seu canto é un rechouchio, moi melódico, parecido a do reiseñor Construe o seu niño nalgunha cavidade resgardada do bosque.
A súa alimentación consiste maioritariamente, de invertebrados pequenos que viven no chan (insectos, pequenas arañas, iscas, miñocas, etc.). No outono e no inverno tamén se alimentan de bagos, sementes e froitos pequenos.
Entramos para rematar hoxe nunha fase poética adicada a estes paxaros:

Voan os pequenos paporrubios desde un tellado a outro,
desde unha rama a outra, desde un sono a outro…

Os pequenos paporrubios xogan na auga
na auga de los mil colores
e seus cantos rezuman savia de aves felices.

Os pequenos paporrubios bailan
no centro dos corazóns
das fontes orladas de prata
e nos faiados dos poetas e pintores bohemios
de corazón infantil.

Allí nos faiados humildes,
durmen os pequenos paporrubios
entre los tablóns convertidos
en mesa para escribir, pintar e debujar.

Alí están siempre os pequenos paporrubios
animando ás musas dos poetas,
pintores e demás artistas desta enxame
chamada literaria, pictórica, escultural.

Hoxe vou contar unhas historias collidas da literatura popular en forma de contos realcionados cos paporrubios. O primeiro deles ten carácter relixioso sendo como sigue:

Cando Deus terminou de crear o mundo fixo unha criatura tipo ave que era sumamente fermosa pola súa plumaxe totalmente vermella. Pero esa criatura era demasiado presumida e gabacha e dicía:-Son n ave máis fermosa de todas e ningunha se me compara ni por un pouco xa que Deuss creome porque queria que a ol menos houbera algunha criatura bela e fermosa como son eu.

Cando Deus enterouse diso camo a ave a súa presenza e díxolle:-Chamareite Paporrubio pero por ser tan tonto e presumido serás gris.

O Paporrubio pregoulle a Deus que o perdoara que non volvería a cometer esa presunción pero Deus fue duro e cumpriu coa súa palabra mantivo o castigo.

Pasaron anos e anos e moito despois nació un paporrubio e cando este medrou preguntoulle a seu pai:-Papá ¿Por que nos chamámonos Paporrubios si somos grises?

O pai, con moito pesar díxolle:-E que Deus nos ten castigados por ser tan presumidos.

O pequeno paporrubi quedou moi triste e dixo:- Deus tal vez me perdone a min e a toda a nosa especie. Cando andaba voando polas aforas da poboación mira a un señor crucificado cunha coroa de espiñas, entón deulle tanta lástima que se acercou e co pico arrincoulle unha espiña ao tempo que lle caía unha gota de sangue no peito e así Xesús convirtiuno nunha ave co peito vermello e a partir daquela tódalas súas crias tamén fueron así y por iso hoxe os Paporrubios son así.

Esta outra lenda esta recollida da lenda oral e é como sigue:

Conta a historia popular das xentes que o paporrubio foi o único paxaro que se presentou voluntario para unha peligrosa misión, que era a de subir ata o Sol co fin de conseguir o lume, daquela descoñecido na Terra

Alá ao sol marchou o valente gris paxariño o que ao volver do seu viaxe, levando a antorcha prendida no seu peteiro, queimouse varia plumas do seu corpo en especial as situadas a altura da gorxa. Como xesto de gratificación os outros paxaros regaláronlle unha das súas plumas polo que o papo quedou vestido de colores coas diferentes plumas sobresaindo as de cor vermello. Pero a curuxa negouse a darlle unha pluma súa, e por iso foi que os demais paxaros prohibíronlle voar durante o día.

Paporrubio nunha rama

Outra versión conta que xunto coa anduriña e a lavandeira, o paporrubio foi a única ave qu auxiliou a Cristo na cruz, xa que lle axudou a quitarse as espiñas. Como xa sabemos, ao facelo o sangue de Cristo salpicouno e é por iso que o seu peito adquiriu un tono vermello.
Noutro orde de cousas cómpre sinalar que o paporrubio sempre foi e é un paxaro de moito carácter aínda que tamén Sempre foi considerado como un paxaro alegre. A súa fermosa a apariencia, xunguida unida a súa frenética actividade, lle teñen situado coma unha especie moi popular entre aqueles afeccionados aos paxaros que o coñecen. Sen embargo, hai algo que poucos saben…
A grande mancha vermella que ocupa o peito e parte de la cara do paporrubio, faino moi atractivo á mirada dos humanos, pero esa non é a súa misión. Cando un paporrubio pousase en unha atalaia e infla o seu papo está proclamando unha feroz advertencia: “¡Este territorio é meu! ¡Fora de aquí!”.
Para os paporrubios, especialmente para os machos, mirar un algo vermello no seu territorio pode ser un estímulo tan provocativo como para incitarlos a matar ao visitante. Abandona todo o que estea facendo e acude a interceptar ao intruso que, polo xeral, adoita ser outro paporrubio ao que lle avisa unha vez máis que se está meter onde non debe. Saca peito, encrespa as plumas e acompaña seu ultimatum con agudos rechouchíos. Se o intruso no fuxe ou responde da mesma maneira, o dono do territorio ataca.