Os nosos paxaros: A Pega

Pega
A “pega” e un ave moi coñecida en toda Galizia sendo chamada tamén como “pega rabuda” ou “pega rabilonga” ou tamén como “picaza” e “picaraza”. En castelá se lle chama “urraca” ou “muñoncito”. É unha ave da familia dos córvidos sendo moi común por toda Europa, vive ata unha altitde non superior aos 1500 metros, medindo uns 45 centímetros de lonxitude cunha envergadura de 60 centímetros.
Os colores están distribuidos polo seu corpo da seguinte forma: a cabeza, o pico, o rabo e as patas son de cor negro. O peito e boa parte das ás son brancas. As plumas do rabo máis as das ás adquiren certo matiz azul ou verde metalizado. A súa cabeza mailo peteiro presenta a forma característica dos da familia á que pertence, ollos pequenos e o pico recto e forte. Tamén se caracteriza polo longo rabo e polas súas ás cortas e redondeadas. Resulta prácticamente inconfundible con outra ave.
Seu pico non presenta ningunha adaptación especifica para calquera tipo de comida, presentando, como sinalamos, unha forma recta e forte que lle permite acceder a case calquera tipo de comida. Iso é aproveitado pola pega de excelente forma, comendo case de todo, pois non lle fan asco a ningún alimento. Resulta frecuente velas de arredor das estradas, andando a pequenos saltos, buscando calquera cousa comestible. Come sobre todo insectos e cereais, anque tamén carroña, ovos e crías doutras aves como os merlos, perdices, paspallás, etcétera, pois atacan os niños destes.
Pegas no niño
Está presente en cualquera lugar, exceptuando os bosques moi densos e sitios situados moi altos. Prefiere a proximidade de campos taballados ou lugares degradados polo home, como vertedeiros de lixo, colectores, lugares de ciscallo e sobras, ecétera, do mesmo modo que lle agrada a cercanía das poboacións. É unha especie que ten conseguido adaptarse, multiplicarse e aproveitarse das alteraciones do medio que provoca o home. A súa expansión prácticamente sen límites, é debida en gran parte a seu carácter omnívoro, que lle permite sobrevivir en ambientes moi degradados.
Outra das razóns que explican a súa grande expansión é que seu peor e máis característico enemigo, o azor, é cada vez máis escaso, polo que se dedica plácidamente a alimentarse e reproducirse salvo algunhas contadas excepcións como é caso do “cuco real”, en castelá “críalo”, que cando a pega ten feita a posta de ovos este “cuco real” aproveita a menor oportunidade para depositar seus ovos no niño. Desta forma as pegas incuban e alimentan aos pitos do “cuco real” e estes polo seu desenrolo máis precoz acaban cos pitos da pega. Tamén hai algún mamífero, coma a doniña ou donicela, que pola noite ataca aos niños devorando os ovos e as crías.
Nunca emprende viaxes longos senón que voa dunha ábore a outra en distancias cortas. Construe o niño con grande coidado e esmero deixando soamente unha abertura para entrar e sair. Cubre o niño con plantas espiñosas e ben entrelazadas que impidan o paso a animales non voadores como ratos e outros posibles depredadores. Por dentro o niño cubreno de lá, plumas, brión e outras materias brandas para que as súas crías poidan estar alí descansadamente.
A pega ten unha merecida fama de ladroa pois coma tódalas especies de seu xénero é un paxaro moi inclinado non so a roubar e a ocultar cousas que van atopando da mesma forma que almacenan obxectos brillantes e relucentes polos que sinten unha debilidade especial, como se foran seus tesouros. Así, á parte de anacos de latas, vidros, etcétera, téñense hachado xoias de valor nos seus niños.
Polo comportamento parecen ser unhas das aves máis intelixentes e astutas. Tense comprobado que teñen un gran poder de comunicación cos seus conxéneres. Cando unha pega se mira amenazada procura chamar a atención das demáis pegas, avisándolles da súa presenza e no caso de ser atacada por aves predadoras, entón xúntanse para voar de arrredor da ave atacante increpándoa con seus berros e no deixando que poida atacar correctamente. Así mesmo tamén acosan en grupo a depredadores terrestres. Si polo contrario o que descubren é un animal morto de gran tamaño tamén se xuntan e comezan a emitir berros de forma estrepitosa para chamar a atención de corvos e incluso de buitres que estes comecen a abrir o duro coiro do cadáver e así, unha vez saciados os grandes carroñeros, actúan elas para deixar os restos e os osos pelados.
A posta de ovos ten lugar na primavera e polo xeral é de catro a sete ovos, que son incubados durante aproximadamente vinte días. Os ovos son dunha cor borrallenta e con puntiños negros. Os pitos dependen dos pais e son alimentados durante un mes aproximadamente ata que comezan a voar.
A pega común en Galicia domesticouse antigamente con bastante frecuencia pois, pódese domesticar con facilidade pois é barballeira, remeda algunhas palabras e anacos de música coma diferentes asubsios si se lle ensina. Dase tan ben que ata se deixa solta pola casa adiante, pero ten o inconveniente de que moito do que atopa escóndeo en agochos que só ela coñece e dos que se esquece as veces.
Existe unha variedade de pega chamada “pega rebolda”, “pega reborda”, “pega rebuldón” ou, “picaza manchada” que a diferencia da pega común é un páxaro carnívoro que foi utilizada como ave de cetrería que tamén se domestica fácilmente.
Cabeza de Pega
A pega é un dos animais que máis supersticións e ditos populares ten na cultura popular, quizáis igualada co corvo ou co gato. sí, durante a Idade Media existía a creenza de que estaban xunguidas á bruxería, igual que os corvos, os corvos pequenos (en castelá ‘cornejas’) e gatos negros. Tamén existe aínda hoxe a crenza que si as pegas revoan con frecuencia de arredor dunha casa onde hai un persoa enferma, é sinal de que esta pronto finará. Tamén algúns cazadores a consideran maligna por crer que teñen un efecto pernicioso sobre algunhas das especies cinexéticas, como a perdiz e o paspallás, ao consumir os ovos de estas, pero o certo é que fai un grande consumo de insectos, sobre todo na primavera e o verán, e si lle engade que devora abundante carroña, sinalan que aporta efectos beneficiosos.
Por ser aves moi populares e estar moi espalladas pola Galicia labrega existen na cultura popular ditos refráns como: “Dame unha pega sin mancha, dareiche unha mazán sin chata”, “Dí a pega, e todos dín dela”, “Non hai pega sin mancha negra”, “Onde a pega tèn o ollo, alí tèn o seu ovo”, “Quen anda ás pegas atópaas brancas e negras”, “Tanto pica a pega no trobisco, que creba o pico”.
Tamén existen cancións como esta de xogos de raparigas:

“Unha pega pegarada,
poxo un ovo nunha arada
puxo un e apegarou
puxo dous e apegarou
e puxo tres e… ¡acabou!”

Dentro da literatura galega hai un fermoso conto orixinal do sobranceiro escritor Xosé Mª Alvarez Blázquez titulado “A pega rabilonga” editado por Edicións Castrelos, no ano 1971 entro da célebre colección “O Moucho”.

Cóntanos a historia dunha vella fidalga, derradeiro membro dunha familia que foi esmorecendo. Ao tempo que a familia vanse indo as tamén as propiedades. E mesmo o pazo onde malvive a vella fidalga vai sentindo os alifafes da ruína. Á vella mantense da caridade dos veciños que noutrora traballaran para o pazo. Coa vella vive a señora Marica, unha pega rabilonga que curara e adoptara desde cría. A pega é ladroa de seu. E vaille chegando ás ruínas do pazo con alfaias e moedas que a vella señora malvendera xa nin sabía cando. Un mal día, mentres a pega escaravellaba no agocho dos seus tesouros tivo un encontro cunha donicela. A fidalga ordenou un enterro digno para o paxaro. Cando foi á procura do agocho da pega, morreu esmagada polas pedras dun muro medio esborrallado.

Á par da tenra e triste historia da fidalga, o autor tamén nos dá conta da ruína da súa clase social e dos cambios que neste aspecto se foron producindo.