Os muiños “Picón” e “Folón”, a través da pintura

Iniciativa artística en marcha para representar os tradicionais muiños do Rosal

(Texto de Manuel Estévez)

O Rosal | Os muiños de auga existen desde os romanos, ainda que unha sociedade exclavista como esa, non os potenciaron moito. En España comenzan a espallarse cos árabes, instalando as aceñas nos grandes ríos, logo na Idade Media, os pequenos coñecidos como bastardos, por non pertencer aos señores da igrexa.

“Camiño dos frades” (o antiguo paso por onde accedían os monxes de Santa María de Oia-Pontevedra, para chegar ao mosteiro a beira do mar), coñecido por  “Camiño do Carro”, é dicir, aquel por onde subían para transportar toxo, millo ou fariña, poden ollarse as impresionantes marcas que co paso do tempo, foron deixando as rodas robustas, formadas por tres pezas de madeira reforzadas de ferro. Cada 11 de novembro discorre por esa vía, inmediata a muiñada, a romaría de San Martíño, coa capela un pouco máis arriba, no “Campo do Couto”, sempre vinculada a familia de don Generoso e don Lorenzo Acevedo de Fornelos, curas rosaleiros que tamen estiveran en A Franqueira.

Ao longo da historia, son moitos os pintores que trasladaron as teas a temática da muiñada. Vicent Van Gogh, durante súa estancia en Neumen, entre 1883 e 1885, pintara o Moiño de Auga en Gennep, un verdadeiro reto para o artista, tanto polo seu tamaño, como por haber sido plasmado a ceo descuberto, co frío de novembro de 1884. Francois Bouche, francés 1703-1770, as paisaxes con moios muiños de auga. Jacob Van Ruisdail (1650 ), levou as telas dous e unha esclusa de estilo Barroco.

“Ao longo da historia, son moitos os pintores que trasladaron as teas a temática da muiñada”

Meinbert Hobbema, no s. XVII dominaba a representación da natureza sosegada dos bosques, pintou entre 1663-1668  “El Molino de agua”, nun riachuelo que atravesa unha planicie arbórea, construcción habitual na pintura dos Países Baixos, porque permitía centrar a escena. Un óleo sobre madera de 77,5×11 patente nos Museos de Belas Artes de Bruselas.

En Galicia, foi Xavier Pousa, inesquecible de Goián e integrante dos “Artistiñas”, de O Volter, na Rúa dos Eironciños en Ourense, quen trasladara as teas, o Muiño de Zamáns, nas saias do Monte “O Galiñeiro”.

“Unha homenaxe aos paisaxistas de todolos tempos que se interesaron por esta temática e para dar a coñecer os ‘Moiños de O Folón e O Picón’ a través da pintura, foron convidados artistas recoñecidos da península para pintar as paisaxes da molienda e realizar unha exposición itinerante polos Museos de España e Portugal”

Unha homenaxe aos paisaxistas de todolos tempos que se interesaron por esta temática e para dar a coñecer os “Moiños de O Folón e O Picón” a través da pintura, foron convidados artistas recoñecidos da península para pintar as paisaxes da molienda e realizar unha exposición itinerante polos Museos de España e Portugal, aqueles espazos situados nos Camiños Xacobeos, fundamentalmente polo Portugués, os máis próximos a este enclave, no triángulo sur galaico e montes de O Rosal.

Figuran as burgalesas, María Xosé Castaño e Verónica Alcácer “La Niña Vero”; as sevillanas, Nuria Barrera e Irene Dorado, esta última con raíces rosaleiras; a palentina, con Estudio en Villagarcía de Arosa, Cris S. Villegas; Orlanda Gómez, Madeira, residente en Lugo; o coruñes, Xorxe Andrés Serrano en Pontevedra igoal que Alex Vázquez. A filla deste Amelia Palacios, con taller en Oporto. Procedente de Vila Nova de Gaia (Portugal), Antonio Franchini; Daniel Manfredi, francés en Aranda de Duero, Burgos; Adolfo Álvarez Barthe, Nadir García, de León; José Gozar Viedma de Baeza (Jaén). Diego de Giraldez, de A Cañiza; Rafa Calvo, Antonio Abad e Xavier Lemos, ambolosdous de Vigo; José María Barreiro, natural de Forcarei, establecido nunha antigua Rectoral en Cela, Bueu; Camilo Camaño, Cangas de Morrazo, fundador de A Mangallona; Antonio Martínez “Cachi”, A Guarda; Secundino Diz, o mesmo que dice que o fabricaron na cidade do Olivo, con berce no País Vasco e rexistrado en Creciente (Pontevedra), nove décadas atrás, entre outros nomes significativos da plástica.

A maioría xa se desplazaron a Martín e O Picón para documentarse e levalos as teas, cadanseu no seu estilo.