Ourense | Os quince días de incendios rexistrados na provincia de Ourense que arrasaron máis de 80.000 hectáreas, e aínda non están sofocados, ocasionaron cuantiosas perdas ás persoas, ás súas propiedades e ao medio natural. Os concellos de Oímbra, Chandreza de Queixa e Manzaneda solicitaron a declaración de zonas catastróficas.
Os lumes tamén provocaron cancelacións na hotelería na última quincena. Segundo o sector o 30 por cento das reservas non se cumpliron xa que logo os viaxeiros non poideron utilizar a línea férrea a Madrid durante sete días e, en certos momentos, algunha das autovías, estradas nacionais e comarcais.
No mes de xullo, segundo o Instituto Nacional de Estadística, chegaron a Ourense 33.522 viaxeiros dos que 68.114 pernoctaron eiqui. Casi trinta mil procederon do Estado español dos que o 90 por cento pernoctaron. Foron pouco máis de catro mil os que chegaron doutros países. As pernoctacións non pasan de dous días xa que os visitantes siguen ruta por outras localidades e provincias galegas antes de rematar as vacacións.
Viñeron en tren ata Sanabria e en autocar ata Ourense Lolita Gómez, Emma Fernández que procedían de San Cugat del Vallés e Mercedes Mendi, de Sabadell. As dúas primeiras, nai e filla, desde hai 54 anos veñen tres veces ao ano a Castro Caldelas onde teñen casa propia. Neste caso ás Festas dos Remedios (do 6 ao 10 de setembro).
Cos trens outra vez en marcha desde o día 21 facendo os percorridos habituais e as estradas abertas, non se agarda que aumente a chegada de viaxeiros xa que están a piques de rematar o tempo de ocio por este ano.
Pequenos grupos, maiormente de Portugal, siguen achegándose á cidade das Burgas que van coñecendo por medio dos e das guías turísticas. Allariz, O Ribeiro e a Ribeira Sacra son destinos de moitos dos turistas. Nas Fotos, Lolita, Emma e Mercedes, procedentes de Catalunya. Grupo de turistas portugueses ao pe da catedral de San Martiño.