Os franquistas, as súas amizades e alianzas.

O que nos vén a dicir o Réxime do 78 é que os franquistas, nazis e neonazis son xente respetábel. Fan a súa misiña o 20 de Novembro, ameazan de cando en vez cun golpe de Estado, ameazan ou apalean a alguén, ocupan cargos no Goberno e na Administración do Estado: Xudicatura, Forzas e Corpos de Seguridade, Exército… controlan a Igrexa Católica, os medios de comunicación (case todos),… A democracia é só aparente, porén sempre que non te menees moito, se tes sorte, non che pasa nada…

Os seus amigos e aliados son a dereita ilustrada (xente de centro) ou de esquerdas. Realmente non son franquistas, moitos deles ou dos seus pais sufriron incluso o franquismo. Pero únelles aos franquistas ese amor, esa querencia pola patria común e indivisíbel, polas corridas de touros e polo idioma e cultura cervantina (que nos impoñen polo noso propio ben e para que non sexamos uns tarugos monolingües como a maioría deles). En definitiva, todos queren manter na (súa) orde contitucional ás nacións periféricas ou ben nunha nova orde de características similares pero que cheire menos.

E que me din da Historia de España? Está toda chea de fazañas; pois non só conquistan polas armas, senón polo seu natural atractivo católico-imperial, propio da xente que pisa seguro, que non titubea. O español, en definitiva, é un pobo colonizador e Galiza, a nosa patria, é a súa posesión desde hai 500 anos, na que desde Madrid fan e desfán ao seu antollo. E a perfección do sistema neocolonial que teñen aquí montado alcánzase cando son os propios galegos do PP (e similares) os que lles fan o traballo suxo, dándolle sustento a este Réxime podre e corrupto a cambio dun carguiño e de prebendas personais. E “viva España, viva el Rey, viva el orden y la ley!”

Funcionario de prisións xubilado, Ourense.