O tren Aba Sacra percorre os viñedos de Amandi

Unha forma distinta de coñecer o epicentro da Ribeira Sacra cun desnivel de 500 metros sobre o río Sil

Doade | O tren Aba Sacra sae de Doade (Sober) as 11:30 e 16:30, e a ruta transcorre en medio de abruptas ladeiras onde se cultiva o afamado viño de Amandi. Fai unha parada no medio dos viñedos que teñen uns desniveis de ata o 85 por cento. Na ruta podensen contemplar paisaxes imponentes, a viticultura heroica, o colorido da flora…

A duración da viaxe é de una hora e quince minutos, aproximadamente. Resulta unha experiencia distinta e a forma ideal para coñecer a viticultura da comarca e o epicentro da Ribeira Sacra: Amandi. Precisamente do 27 ao 29 de marzo celebrase en Sober a Feira do Viño de Amandi que acada a súa XLVI edición.

No ano 2011 estes viños foron recoñecidos cun selo específico de “Viticultura heroica” outorgada polo CERVIM, organismo internacional que tenta conservar os valores da viticultura de montaña que só se dá no 5% do conxunto de viñedos mundial. Este termo fai referencia as condicións do terreo no que os nosos adegueiros cultivan un dos mellores caldos que se coñecen.

Sobre as paredes que descenden directamente ao río de ata 500 metros de desnivel, e con inclinacións de ata un 85%, agroman cada ano as uvas que dan orixe os viños de Amandi. Son cepas milenarias que xa os romanos explotaban para producir o ouro líquido do Sil desafiando á vertixe desde os socalcos.

Este tipo de cultivo impide a mecanización, polo que todo o traballo se fai a man, movéndose entre as cepas coma se fose un exercicio acrobático. É na Feira do Viño de Amandi onde se celebra o resultado de este gran esforzo, e se pode catar e premiar o resultado de todo o traballo realizado polos nosos viticultores heroicos.

Coa creación da Denominación de Orixe Ribeira Sacra o sector profesionalízase e desde o mundo do viño rehabilítanse os viñedos en socalcos e recupérase a paisaxe. O viño é hoxe un sector puxante e dinámico e un dos principais motores económicos da zona e impulsor definitivo da Ribeira Sacra como destino turístico.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.