O bosque frondoso máis vello de Galicia, o Teixadal de Casaio (Carballeda de Valdeorras-Ourense), reliquia natural única en Europa, formado por máis de 400 teixos centenarios, situado no corazón do macizo galaico-leonés de Pena Trevinca /ZEC – Rede Natura 2000) resistiu ao lume -coa axuda heroica de veciños, axentes e brigadistas da Xunta de Galicia- que afectaron á contorna e ás ladeiras do macizo, que están queimadas…
Os incendios forestais son unha lacra para Galicia, as causas que os orixinan son moi diversas: falta de limpeza regular do monte, ausencia de aproveitamento sostible, olas de calor, sequía, neglixencias, incendiarios. O abandono do rural contribuíu ao avance do lume nesta ola de incendios en Galicia, que asola outros territorios de España e Portugal, coa conseguinte erosión da paisaxe. Hai que abordar as causas con solucións eficaces: agrupación da propiedade forestal para unha xestión conxunta e eficiente do monte a base de dedicar máis recursos á limpeza do monte, valorización económica sostible, innovación e tecnoloxía, técnicas de prevención, fomentar a educación forestal sostible na poboación escolar para que aprendan a amar aos bosques, todo elo coa finalidade de protexer a paisaxe e a vida das persoas, ademais de defender a economía e o empleo.
Galicia ten un inmenso patrimonio forestal, con máis de 2 millóns de ha dedicadas a uso forestal (70% arbolada), é a 1ª potencia forestal de España (principal rexión productora), a 9ª a nivel europeo por producción, e a 2ª rexión de España que ten máis superficie – 478.000 ha- con xestión forestal sostible e certificacións forestais como PEFC. O bosque cumpre múltiples funcións: productiva, protectora e social.
“A economía de miles de familias galegas depende dos recursos que xeneran os montes”
A economía de miles de familias galegas depende dos recursos que xeneran os montes (madeira, castañas, mel, etc.). É preciso impulsar unha política preventiva dirixida a protexer os nosos bosques e ecosistemas forestais, fomentando as boas prácticas para unha xestión sostible do medio forestal que permita a conservación da biodiversidade e da paisaxe (debe terse en conta o criterio paisaxístico), ademais de resaltar os valores culturais. Os bosques urbanos actúan como pulmóns verdes, garantía de biodiversidade e escudo frente ao cambio climático.
O patrimonio forestal de Galicia é unha responsabilidade compartida. Altura de miras, visión de futuro e unidade de acción son as claves para convertir a Galicia nun referente europeo na xestión forestal sostible. Xuntos podemos conseguilo, está en xogo o futuro de Galicia.
Francisco Peña. Científico, académico, experto en saúde ambiental.