O Seminario de Estudos Galegos.

Foi unha institución fundada o 12 de Outubro de 1923 en Santiago de Compostela por un grupo de universitarios, coa intención de investigar, valorizar e divulgar a cultura galega.

Logo do Seminario.

Entre os seus fundadores estaba Antón Losada Diéguez, Lois Tobío Fernández, Wenceslao Requeijo Buet, Fermín Bouza Brey, Xosé Filgueira Valverde,… ao que se uniu unha longa lista de personalidades vencelladas ao galeguismo e intelectuais de toda Galiza, como o grupo “Nós”, presidido por Armando Cotarelo Valledor, no que estaban Castelao, Antón Vilar Ponte (fundador das Irmandades da Fala xunto co seu irmán Ramón), Manuel Lugrís Freire, Leandro Carré Alvarellos e Gonzalo López Abente. Xurdiu nun momento en que a Universidade galega era totalmente allea a Galiza: ao seu idioma, á súa cultura, á súa historia, á súa literatura, á súa arte, a súa arqueoloxía,…

O Seminario elaborou tamén un anteproxecto de Estatuto de Autonomía para Galiza de carácter federal.  Os arquivos do Seminario foron publicados por Anxel Casal, tristemente asasinado polos fascistas.  En 1936 o Seminario foi suprimido polos golpistas e en plena ditadura intentouse continuar parcialmente o seu labor co Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento.

“O Seminario elaborou tamén un anteproxecto de Estatuto de Autonomía para Galiza de carácter federal”

Nunca seremos libres se non cultivamos o noso idioma e non coñecemos o fundamental da nosa cultura. É un pracer e un dereito recollido na Declaración Universal de Dereitos Humanos da ONU e polo que en Espanha hai que loitar.

Funcionario de prisións xubilado, Ourense.