“O rural pode impulsar o cambio en Ponteareas”

Juan Carlos González Carrera | Portavoz de Alternativa Cidadá de Ponteareas (ACiP)

Ponteareas | Juan Carlos González Carrera é empresario e voceiro de Alternativa Cidadá de Ponteareas (ACiP), con catro concelleiros na Corporación, da que forma parte desde 1995.

ACiP denunciou que o gobernó anulou 88.000 euros en partidas de emerxencia social e fomento de emprego. Isto é o que vai para o Banco de Alimentos?
Non. O capítulo de emerxencia social destínase ás familias que estean pasando dificultades económicas: que non poida pagar o aluguer, o recibo da luz, etc. Esta partida incrementouse o ano pasado pola presión de ACiP.
Coa chegada da COVID 19, entendíamos que había que incrementar esa partida. É mais, somos os que dixemos que isto apenas acababa de comezar. Entón incrementouse esa partida, que se puxo en 200.000 euros. Este ano, de golpe e porrazo, o goberno actual retira 50.000€ desa partida e 38.000 de fomento ao emprego. Total, 88.000€. Nós non aceptamos esa solución; entendemos que non sabemos o que pasará no resto do ano.

Existen partidas da Xunta e do Goberno central para estes casos. Podíamos pensar que suplirían a aportación municipal?
Non. O que envían a Xunta e o Goberno central son para gastos da COVID 19, non son gastos de emerxencia social. Gostaríame que isto quedara moi claro.

Pero os gobernos municipais tiveron este ano tiveron este ano uns gastos que antes non tiñan.
Sí. Gastos superiores aos que recibe da Xunta e do Estado. Os Concellos están soportando gastos que non tiñan porqué soportar polas consecuencias da COVID e reciben cantidades da Xunta e do Estado que non chegan a suplir o gasto real.

“Os Concellos están soportando gastos que non tiñan porqué soportar polas consecuencias da COVID”

Os vecinos acusan esta falta de recursos?
Non existe un estudo real da situación. Nós sabemos que hai familias que non acoden aos servizos sociais por vergoña ou porque carecen da información adecuada. Desa maneira parecería que hai recursos suficientes porque só se contemplan coas familias que acoden aos servizos sociais. Pero hai moitas máis familias que están pasando moitas máis dificultades e non son informadas destas axudas ás que poden acudir.

ACiP votou en contra do PXOM. Por qué?
Nós, nas tres ocasións que foi este documento a pleno, votamos en contra pola falta de transparencia. Ofrecemos colaboración ao goberno con máis de 160 aportacións. Parte delas estudáronse e parte delas nin se miraron.
Cando o documento foi aprobado en 2016 houbo unhas 3.700 alegacións. Delas, na aprobación provisional, o goberno aceptounas. O documento estivo a exposición pública. A sorpresa estivo na aprobación provisional. O goberno, xustificando o que lle mandara a Xunta, eliminou esas alegacións que tiña aceptado. Logo os veciños non están informados dos cambios por falta de exposición pública novamente. Por tanto, o documento nace morto; caerá por falta de exposición pública. Pero non o digo eu, o din as sentenzas e a xurisprudencia.

“[O PXOM] nace morto; caerá por falta de exposición pública”

A Xunta sabe que iso non foi exposto?
Sí que o sabe. A Xunta só esixe que o documento cumpra coa Lei do Solo. Nunha reunión en Santiago, a única que nos invitaron aos grupos municipais, con Encarna, a secretaria xeral (trátase de Encarnación Rivas Díaz, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda) plantexóuselles a cuestión de se, ao producirse cambios na aprobación inicial,  esixiríase unha nova exposición pública. Contestación de Encarna: “non é problema noso. Ese é un problema do Concello”. Por tanto, nós non podemos aprobar un documento que sabemos non ten a validez nin a transparencia que ten que ter.
Había tempo para unha nova exposición pública. O goberno tentou xustificarse subindo o documento á páxina web; houbo falta de transparencia. O documento ten que estar exposto públicamente na Casa do Concello. Eles mesmos se dan conta diso e tentarán alargar o máximo no tempo este documento e desde logo que non pase nada antes das próximas eleccións municipais.

Ao parecer, o PXOM elimina a posibilidade de edificación no rural en beneficio do núcleo urbán. Qué opina sobre isto?
A Lei do Solo en Galicia é bastante clara, hai uns máximos de coeficiente de edificabilidade, pero atopámonos cos terreos de Granitos (un pelotazo urbanístico encuberto) e, posiblemente, outros máis.
O documento de 2016 esixía que nos terreos de Granitos houbera edificación de vivendas cun 30% de protección oficial. Foron cambiada por 8.000 m2 para uso comercial. É aínda poden facer sótanos debaixo dese terreo.
É un pelotazo urbanístico? Pode ser. Se tiveran que construír vivenda correrían un risco porque terían que construír e vender. Cómo se elimina ese 30% de protección oficial a golpe e porrazo é algo que non entendo. Qué beneficio obtén o Concello? Ningún, porque o que cede Granitos ao Concello é o que a Lei do Solo de Galicia esixe. O que fixo o Concello foi rematar coa posibilidade de vivenda de protección oficial. Na finca de Sarmiento, máis do mesmo.

O voceiro de ACiP (esquerda) no seu despacho co director de Foro A Peneira, Guillermo Rodríguez.

Pero na finca de Sarmiento autorízanse vivendas?
Sí. E será un gran problema para a situación do aparcamento actual. Ese aparcamento está agora en superficie privada. Sobre ese aparcamento hai un requerimento da Dirección Xeral de Patrimonio que non o autoriza porque está catalogado dentro da finca e a ficha técnica que o gobernó bipartito elaborou non o contempla. No momento en que empecen a construír, ten que desaparecer.

Qué pasa coa edificabilidade nas aldeas?
Réstanlle o 70% da superficie. O beneficio é do casco urbano. Os que tanto presumían de favorecer ao rural, fan todo o contrario. Non cren no noso rural.

O abandono dos parques municipais. Qué denuncia ACiP?
Creo que é algo que coñecemos todos e que podemos ver diariamente no abandono en que están. Falta de conservación e de planificación.

Iso está privatizado?
De momento é municipal. É unha das poucas cousas que non están privatizadas.

Cambio de goberno. ACiP denuncia aumento de gasto. Qué nos ten que dicir?
No 2015 coa coalición BNG-PSOE, aumentan as adicacións exclusivas. Daquela cobraban seis concelleiros máis o alcalde que non tiña soldo porque era prexubilado da banca. Chegamos a 2019, e o alcalde segue na mesma postura, pero cando entra a nova Alcaldesa que, obviamente ten que asignarse un soldo correspondente, e digno, o problema é que ela pasa a cobrar o soldo de Alcaldesa (49.000 euros brutos) pero non amortiza o que viña cobrando. Aí está o aumento. Hai por tanto un aumento na cantidade global que pasa dos 203.000€, nese momento a 297.000€. actualmente. Tampouco entendemos que isto ocorra nun Concello no que está prácticamente todo privatizado. Para facer qué traballos se lle paga a tantos concelleiros?.

A Oposición denuncia que o Concello estase endebedando a longo prazo. O equipo de goberno afirma que son préstamos que apenas se sinten e van dedicados a obras de investimento. Cal é súa opinión?
A miña opinión é que temos que ser coherentes. Cando os membros deste goberno estaban na Oposición, defendían que non se debía endebedar o Concello mais aló do que dura unha lexislatura. Agora, sen embargo, solicitan préstamos a quince anos. Queren desenvolver obras durante o seu mandato pero hipotecando o futuro de Ponteareas.
O problema é que vamos en 5.000.000 €. E os problemas reais de Ponteareas están resoltos? Os vertidos, unha circunvalación en condicións, saneamento? Se te empeñaras niso, eu incluso estaría disposto a apoialas.

“O problema é que vamos en 5.000.000 € [de débeda] E os problemas reais de Ponteareas están resoltos?”

Qué opinas sobre a humanización de rúas e prazas?
Opino que temos que mellorar a calidade de vida dos cidadáns. Agora ben, ten que ir dentro dunha coordinación e planificación seria e non con esas situacións que estamos encontrando de que hoxe faise dunha maneira e mañá doutra, non hai unha supervisión das obras adecuada e as obras que se din van durar seis meses, duran un ano. Creo que non era necesario facelo todo de golpe.

Carrera será o próximo Alcalde no 2023? Sorpasso ao PP?
Obviamente, aspiramos a chegar ao goberno municipal e eu como alcalde.
Sorpasso pode habelo; pero quen o vai a decidir son os veciños. Tamén é certo que Ponteareas ten singularidades; o que non pasa en ningunha parte de España pode pasar en Ponteareas.

Cal é o peso electoral das parroquias con respecto ao centro urbán?
O peso electoral das parroquias está no 50%. Eu creo que de aí pode saír o novo goberno. Aquí no casco urbán temos 12.376 veciños (cifras de 2020), nas parroquias temos o outro 50%, doce mil persoas mais. Eu creo que abriuse o espazo político e electoral en Ponteareas e abriuse unha nova oportunidade de cara ás próximas eleccións dun cambio real en Ponteareas.

“O peso electoral das parroquias está no 50%. Eu creo que de aí pode saír o novo goberno”

Podería haber outro partido en Ponteareas?
Sí, hai espazo tanto pola esquerda, polo centro ou moderado. de centro. Nos resultados das eleccións 2019 me pareceu inxusto que Esquerda Unida non tivera representación. Con 585 votos e non conseguiu un representante.

Moitas grazas polas súas respostas.

Mestre retirado. Realizou estudios de Filosofía e Letras, Dereito e Ciencias Políticas, Francés e Galego. Un dos fundadores da UCSTE, foi membro do consello nacional do «Movemento de Mestres». Fundador de «A PENEIRA» (1984). Director de «Novas do Eixo Atlantico»