O retrato na obra do pintor Xavier Lemos

Aladino Barros, músico e empresario de Cerdedo, trasladado os lenzos

En días recentes firmou un retrato de Aladino Barros, aquel mozo de Cerdedo, músico e pianista que levou os Gales de España por toda a xeografía galega e alen do Candán, integrado polo guitarrista e cantante, Tomás Abreu Mouco; Enrique Esperón Sobral, batería que infelizmente faleceu no ano 1979; Felix Quintillán, baixista; Antonio Castro, trompeta e cantante; Carlos Froiz Planes, guitarra e voz, os tres de Poio e o saxo, Xosé Fernández Leiro.

Aladino, xa cun órgano Hanamond, modelo L122 e Leslie 7260 e unha amplificación Semprini que sustituiría dous anos mais tarde por Altec Lansing, alen dun equipo de luces. A presentación “Eloise”, un tema cantado por Barry Ryan, escrito  polo seu irmán xemelgo Paul e moi sonada na voz de Tino Casal. Black is black, outro de Os Bravos, podíase escoitar en calquera verbena ou Sala de Festas, onde eles subían ao escenario como outros temas do memento e “Airiños, airiños aires” que tiñan que repetir moitas veces.

Días antes do malogrado accidente de Nino Bravo compartiran palco no Xardín Club de Vigo igoal que coincidiran con Cristina e Os Stop na Sala Airas de Carballo; Irmáns Benitez, Miramar, Redondela; Os Pecos en Negreira; Juan Bau en Montouto; Manolo Escobar, Sala Yenka de Caldas de Reis; Irmáns Calatrava, Montesol, As Neves; Antonio Machín, Piscina en Sanxenxo; Os Sirex, Sala Teucro en Pontevedra; Mari Trini, Ramallosa 2000, Nigrán; Jeannete, Sala Peña de San Xurxo de Sacos; Basilio no Xardín Club ou Módulos en Vilanova de Arousa, Sala Hermida 5000.

Papas, Futbolistas, entre outras personalidades
O retrato é o xénero que mellor domina, proba evidente da súa mestría está nos personaxes públicos que ao longo da súa carreira trasladou as telas, desde o mesmo, Xoan Carlos I cando era Rei de España ata o Jorge Mario Bergoglio que corresponde o nome de Papa actual, que mudara nome por Francisco, pasando polos ex-Presidentes do Real Clube Celta de Vigo, Carlos Mouriño, igoalmente Horacio Gómez; xogadores, Mostovoi e Gudeij, retratados naquel tempo da súa vida artística cando dirixira unha Academia de Pintura, para socios celestes no propio Estadio de Balaídos, sen esquecer aquelesoutros óleos, onde aparacen todolos Presidentes do Real Club Náutico de Vigo, asinados tamen por Lemos Godoy, fillo daqueloutro inesquecible artista plástico, Ánxel Lemos, que deran sepultura no Concello da Estrada, onde morara os últimos anos da súa vida.

Relixiosos como San Ignacio de Loyola, patente na Igrexa dos Xesuitas de Vigo ata o Papa actual, así como o Arzobispo de Belcastro, colgados nas dependencias Vaticanas, o óleo do Papa Francisco ubicado no Palacio das Congregacións, situado na Praza de San Pedro e o de Mons. Frai. Xosé Rodríguez Carballo, exposto no Palacio de San Carlos, a beira da residencia papal.

Escrivá de Balaguer, noutrora pendurado no despacho de Monseñor Rouco Varela en Santiago de Compostela; San Martín de Tours na Parroquia de San Martin de Coia en Vigo, o fundador da Orden do Colexio Amor de Dios, na Avenida de Samil ou aqueloutro da toma de posesión do Párroco, Xoan Carlos Rial, onde aparecen igoalmente o Bispo Monseñor Luis Quinteiro Fiuza e o sacerdote da mesma Parroquia de San Miguel de Bouzas, na cidade olívica.