• Segue conectado
  • |

O PSOE de Ponteareas preguntará ó Alcalde sobre a fumigación aérea dos nosos montes cun insecticida prohibido pola UE

Ponteareas | A información facilitada polo PSOE de Ponteareas propiciou que o Grupo Socialista no Parlamento de Galicia presentara unha proposición non de lei para prohibir o uso deste perigoso pesticida.
O flufenoxuron (Cascade) ten un alto potencial de bioacumulación na cadea alimentaria, toxicidade e presenta un levado risco para os organismos acuáticos.
O PSOE de Ponteareas solicita a comparecencia do Alcalde ante o Pleno do vindeiro martes, para que informe se coñece o Plan posto en marcha para fumigar os montes cun produto chamado flufenoxurón.
Recentemente os propietarios forestais de fincas con eucaliptos están sendo informados da posta en marcha dunha campaña promovida pola Xunta de Galicia e a Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón, ASPAPEL, para fumigar as parcelas cun tratamento químico con medios aéreos dentro dun plan de loita e control da praga do gorgullo do eucalipto (Gonipterus Scutellatus Gyllenhal), que afecta aos eucaliptais galegos.
O producto utilizado para as fumigacións é o flufenoxuron, que se comercializa co nome de Cascade. Este pesticida neurotóxico foi prohibido pola Comisión Europea e deixará de comercializarse a partir do 1 de agosto de 2012 polo seu alto potencial de bioacumulación na cadea alimentaria, a súa toxicidade, e presentar un elevado risco para os organismos acuáticos. Estas son conclusións emitidas pola Axencia Europea de Seguridade Alimentaria.
Ademáis dos perigos xa citados, na súa ficha técnica, o flufenoxurón advirte da súa toxicidade para as abellas. Nos últimos dez anos están desaparecendo colonias de abellas que presentan ao tempo comportamentos anómalos, segundo denuncian os propios apicultores e as súas asociacións e avalan diversos estudios científicos. Esta situación está vinculada ó uso deste tipo de insecticidas químicos.
A información facilitada pola Agrupación Socialista de Ponteareas propiciou que a Deputada Socialista no Parlamento de Galicia, Sonia Verdes Gil, presentara varias iniciativas parlamentarias, na procura de que non sexa empregado este insecticida.

Publicado o 11 Mai 2012 en Condado, Medio Ambiente, Ponteareas.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies