
Ponteareas/PSdeG-PSOE | O PSdeG-PSOE de Ponteareas organiza este xoves 30 de outubro unha xornada de recoñecemento a Benito Casasnovas Rodríguez, alcalde republicano da vila en 1936, símbolo de dignidade obreira e compromiso democrático. O acto celébrase na véspera do Día da Memoria Democrática, como homenaxe a quen sufriu persecución, exilio e silencio, mais nunca renunciou aos seus ideais.
Participarán Iván Puente, responsable de memoria histórica do PSdeG; Francisco Candeira, ex-alcalde socialista; e Vanesa Fernández, secretaria xeral local.
A xornada reivindica unha memoria plural, xusta e activa, desde o local, recuperando figuras esquecidas que construíron Ponteareas con valores de progreso e xustiza social.




