Ponteareas | Bágoas de emoción e aplausos acompañaron á lectura do pregón das festas de Corpus Christi 2025 do Concello de Ponteareas. Dende onte a Vila do Corpus é máis inclusiva grazas ao pregoeiro, Borja Gómez Méndez que entre bágoas de emoción, aplausos e agarimos leu o pregón máis emotivo do Corpus.
Acompañado no escenario da súa familia, da alcaldesa e do tenente de alcaldesa foi seguido con moita atención e complicidade por un público encabezado pola súa irmá Alicia, a tía Luli, representantes de ADAPTA, Avelaíña, COGAMI, Discamino, Down Vigo, Federación Galega de Ciclismo, Club Ciclista Ponteareas, clubs deportivos da vila, amizades e veciñas e veciños que quixeron apoiar a Borja.
O alfombroeiro, ciclista e premiado nadador tivo palabras de agradecemento para todos os presentes e mesmo para as e os compañeiros de traballos de seus pais por posibilitar a conciliación familiar e laboral co engadido dunha axenda deportiva cargada de adestramentos, desprazamentos e competicións.
No escenario reproduciuse un vídeo realizado con cariño pola súa familia no que se resumiu unha intensa traxectoria cargada de éxitos pero tamén cos seus primeiros pasos como alfombreiro.
Por todos estes motivos “Borja Gómez Mëndez é portador dos nosos principais sinais de identidade e aínda vai máis aló. Supera retos, rompe barreiras e fai avanzar o mundo mellorando a sociedade ao conseguir que se teña en conta no mundo do deporte ás persoas con síndrome de down. Toda a miña admiración por Borja e pola súa familia”, sinalou a alcaldesa Nava Castro.
Pola súa banda o tenente de alcaldesa, Juan Carlos González, declarou sentirse honrado por “compartir este escenario xunto ao pregoeiro. Unha honra que leva consigo unha mensaxe profunda: todos e todas, sen importar as nosas capacidades, temos voz, temos soños e temos moito que achegar á nosa sociedade”.
Ao remate do acto foron moitas as persoas que quixeron fotografarse co pregoeiro que chegou en bicicleta ás 13:00 horas despois de estar a primeira hora da mañá en Santiago participando no Eurovelo.
Con tan só 19 anos e toda unha vida dedicada ao deporte, Borja Gómez lánzase á competición internacional en Bélxica e posiciónase como referente para acadar a inclusión sendo embaixador da asociación Con Piel de Mariposa coa que competíu na proba UCI Mountain- Bike Julio 2021 en Colina Triste. Tamén no Encontro Europeo de Enfermidades Raras en Polonia onde foi embaixador de Debra Piel de Mariposa España en Julio de 2022 e competíu na Paris-Roubaix Abril 2025 Debra España xunto con Debra Francia. Na disciplina de natación conseguíu a prata en 100 libres no Campionato Galego de Natación Discapacidade no ano 2022; a prata en 50 libres, o campionato por Equipos 4×50 m no ano 2023, o bronce en 100 libres no ano 2024, a prata en 50 bolboreta e a prata en 100 libres no ano 2025.
No ciclismo son incontables as súas fazañas. En 2018, por ese afán de superación, recibiu o “Premio aos Valores do ciclismo” na Gala da Bici do ano que organiza Motorpress Ibérica.
A súa presenza no Campionato de España de Ciclocróss 2018 defendendo a camisola da Selección de Galicia provocou un ‘boom’ mediático, que serviu, entre outras moitas cousas, para que nos estatais de ciclocróss celebrados no 2020 en Pontevedra incluísese por primeira vez unha carreira inclusiva no programa dun Campionato de España.
Xunto ao grupo Discamino, co que adestra, fixo varias etapas de La Vuelta e subíu sete portos míticos do Tour de Francia (incluído o Tourmalet). Tamén no 2017 competíu nos Pirineos e no 2019 nos Alpes.
Dende a Federación Galega de Ciclismo sempre lle deron apoio e cambiaron normas e leis para facer posible a participación dos ciclistas con Síndrome de Down.
Foi o primeiro becado das becas Cola Cao. Unha importante marca que fixou a súa atención no deportistas ponteareán e visitou a vila para grabar unha reportaxe difundida en todos os medios de comunicación como exemplo de superación.
Esta primeira bolsa foi entregada por Javier Gómez Noya, considerado o mellor triatleta da historia e un exemplo polo seu espírito de superación. O xurado das Bolsas Vamos Cola Cao distinguiu esta candidatura porque integra os valores máis importantes que quere promover o programa: integración no deporte, superación, constancia, esforzo e traballo en equipo entre outros.
Máis probas: Vuelta a España 2016; fixo os puertos dos Pirineos 2017 e enlace de camiños 16 Agosto- 1 Septiembre 2021 de Vigo a Granada; campionatos Galegos CRI desde o ano 2019 ata 2024; campionatos Galegos e de España de Natación para Persoas con Discapacidade Intelectual desde o 2018 ata 2025 cos que conseguiu alcanzar algún pódium a nivel galego; campionato do Mundo Máster 2024 na categoría inclusiva de Carrera (Special Olimpic) en Hamburgo (Alemaña). Tríatlon Porriño 2022, 2023, 2024; Duatlon Val de Soneira 2022 e 2023 e cartel anunciador 2024 Dúatlon Valde Soneira.