O Porriño entrega os Premios Antonio Palacios

Foron premiadas as persoas e entidades relevantes na vida porriñesa

O Porriño | Baixo a condución da xornalista Icia Alcalde, o Concello do Porriño celebrou a gala dos Premios Antonio Palacios que recoñece o labor de persoas e entidades porriñesas en diversos ámbitos.

A gala comezou coa interpretación do Himno Galego a cargo de Noemi Fernández e a Banda de Gaitas de Paramos. Posteriormente foron recoñecéndose aos premiados como o Festival de Cans en materia cultural; a Imprenta Paz e Gráficas Bolfer dentro do tecido económico local; ao CRC, polo seu compromiso firme coa comunidade durante décadas; a Claudio Giráldez na categoría de deportes; e a Lola Magno polo seu legado visual.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.