O Porriño deseña o seu escudo e bandeira

Da man do Servizo de Heráldica da Xunta de Galicia

O Porriño | O Concello vén de iniciar, a través do Servizo de Heráldica da Xunta de Galicia, o expediente para a elaboración e aprobación oficial do escudo e da bandeira municipais. Trátase dun fito histórico para o municipio, que ata o de agora non contaba cunhas insignias heráldicas recoñecidas oficialmente.

A proposta baséase en feitos históricos, xeográficos e culturais característicos do municipio como poden ser o pan, o río e a ponte sobre o Louro, a industria ou o edificio do Concello, deseñado polo arquitecto Antonio Palacios.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.