O Porriño | Para 2026, O Porriño acollerá a única sala de cine municipal da comarca da Louriña e unha das poucas que hai en toda Galicia. O Concello saca a licitación o proxecto de reforma interior do Auditorio do Centro Cultural, que se dotará de tecnoloxía de última xeración, pantalla xigante de 5×3 metros e capacidade para 170 butacas.
O proxecto conta cun orzamento de 251.739,60€ financiado polo Plan +Provincia da Deputación e un prazo de execución de seis meses unha vez sexan adxudicadas as obras. Este espazo será versátil, adaptado tanto á proxección cinematográfica como á celebración de congresos, conferencias ou charlas. Para a adquisición do equipo requirido contouse igualmente cunha subvención de 100.000€ por parte de AGADIC.