O Pontebike Team, clasificado para o Mundial de Pumptrack

O equipo ponteareán participará no UCI Muncial World Championship 2025 en Suíza en setembro

Ponteareas | O Club de Ponteareas, Pontebike Team, afianzou os logros desta tempada con varios títulos autonómicos e nacionais.

Inclusive varios dos compoñentes do seu Equipo de Pumptrack lograron clasificarse para o UCI MUNCIAL WORLD CHAMPIONSHIPS 2025 que se celebrará en Suíza o 5 de Setembro.

Alba Fernández e Sergio Veiga desprazáronse ao Loureira en Portugal para participar na proba clasificatoria para o Mundial. Alí Alba conseguía facerse co primeiro posto da súa categoría, clasificándoa directamente para o Mundial e Sergio Veiga o 3º posto, tamén conseguindo a praza para participar no Mundial.

Os mais pequenos do equipo Leo e Dani Diaz tamén conseguiron clasificarse nas súas categorías para o YOUTH WORLD PUMPTRACK CHALLENGUE 2025, que se celebrará o 9 de Agosto en Suecia. Tamén conseguía clasificarse para esta proba mundial, Ainoa Pousada, continuando así o proxecto iniciado no Pontebike.

Desde o club atópanse actualmente petando en todas as portas para poder sufragar parte dos gastos destes corredores e que asi poidan representar a Galicia e España nunha proba de talla mundial, de momento lamentan que desde a Federación Galega de Ciclismo non lles brinden ningún tipo de apoio para poder representar a Galicia na proba mais importante a nivel mundial de Pumptrack. Esperan que algunha empresa ou Institución pública axúdelles para poder participar nunha proba que xa demostraron ter o nivel suficiente como para estar nela.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.