O ponteareán Francisco Peña, primeiro galego que ingresa na Academia Andaluza de Ciencia Rexional

Sendo investido o pasado 5 de xuño

Ponteareas | O pasado 5 de xuño (Día Mundial do Medio Ambiente), o profesor doutor Francisco Peña, pronunciou o seu discurso de ingreso como Académico Correspondente na Academia Andaluza de Ciencia Rexional, que versou sobre: “O camiño cara á saúde ambiental do planeta e unha vida digna para todos os seres humanos: un dos grandes desafíos da humanidade para o século XXI”, contestado polo Académico de Número, profesor doutor Manuel Marchena Gómez, catedrático da Universidade de Sevilla e candidato a reitor da devandita universidade.

A este acto solemne asistiron a xunta de goberno en pleno e académicos da Academia Andaluza de Ciencia Rexional, unha representación dos gobernos da Junta de Andalucía e do Concello de Sevilla, unha ampla representación do empresariado andaluz, da universidade andaluza, representantes de sociedades científicas (Sociedade Española de Sanidade Ambiental etc.)/ etc.), os cónsules de Francia, Portugal e Irlanda, a aristocracia sevillana, entre outros.

O mencionado acto tivo unha proxección internacional e adquiriu unha dimensión especial ao ser retransmitido por streaming en directo, xa que, expertos de moi diversos países (EEUU, Xapón, Inglaterra, Francia, Portugal, Mozambique, Brasil, República Dominicana, México, España, etc.)/ etc.) puideron seguilo a través de YouTube ou instagram, superando con fartura todas as expectativas que espertou esta convocatoria. O discurso do novo académico tivo un alto nivel de seguimento e satisfacción, e deixou profunda pegada, tendo en conta as innumerables mostras de apoio e recoñecemento recibidas na propia sede e desde os distintos lugares do planeta que o seguiron, o que supuxo que con tal motivo, Andalucía e Galicia estivesen no mapamundi.

Á finalización do acto académico, serviuse un viño galego e tivo lugar unha degustación de produtos típicos andaluces e galegos, grazas á colaboración de Rull & Asociados e empresas relevantes de ambos os territorios, que quixeron unir esforzos para poñer en valor algúns aspectos que identifican a ambos os territorios. Un bo broche de ouro para estreitar lazos de amizade e colaboración entre Andalucía e Galicia.