O Polideportivo Municipal do Porriño contará con pistas de pádel

Avanzan os traballos de reforma integral

O Porriño | O Concello do Porriño está avanzando ns obras de mellora integral do Complexo Deportivo Municipal coa cuberta das dúas pistas de pádel exteriores e a renovación completa da contorna do polideportivo, nun proxecto cun investimento de case 450.000€ financiados a través do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas (PEID II)

As obras contemplan tamén o acondicionamento do chan do ximnasio do polideportivo e a mellora do teito do pavillón 2, actuacións destinadas a optimizar as condicións de seguridade e confort nunhas instalacións que rexistran unha elevada actividade por parte de usuarios de todas as idades.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.