
O Pereiro de Aguiar | Esta nova infraestrutura educativa, coa que se ofertará a Educación Secundaria e de Bacharelato no territorio, suporá un investimento de preto de dez millóns de euros.
A licitación prevese conceder no primeiro trimestre do vindeiro año 2026 para poder dar comezo ao inicio das obras. Trátase, polo tanto, dunha das principais actuacións contempladas nos orzamentos do 2026 da Xunta para a provincia de Ourense.
A creación desta nova Infraestrutura será “clave para o noso municipio ao permitir que a nosa mocidade, deses niveles educativos, xa non teñan que desprazarse a outros municipios. Afianzamos poboación, atraemos a novas familias e incrementamos os servizos do noso Concello”, destacou o alcalde do Pereiro, Luís Menor.
“Seguimos apostando polo crecemento e a seguridade. Grazas á colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello, rematamos novas obras de mellora cun investimento superior aos 120.000€”, segundo o alcalde. Na foto infografía do que serán as novas instalación educativas.




