O Pereiro de Aguiar aproba orzamento de sete millóns de euros

Conxela os impostos municipais para o presente exercicio

O Pereiro de Aguiar | O Concello de Pereiro de Aguiar aprobou en sesión plenaria 7.985.000 euros de orzamentos para o presente exercicio, sendo un incremento importante no apartado de investimentos que supera os 2,5 millóns.

No capítulo de ingresos conxélanse os impostos municipais para non incrementar a presión fiscal para os veciños. O goberno local marca con estas contas máximos históricos, cun compromiso coa mellora e a ampliación de servizos e o investimento.

O Pereiro aposta polos investimentos, destacando especialmente os 1,3 millóns destinados a eficiencia enerxética, e os máis de 400.000 para a mellora e ampliación de viais municipais, ou os máis de 250.000 para as instalacións deportivas.

Outra actuación prevista é a eliminación do feísmo, e o desenvolvemento de infraestruturas turísticas, aos que se destinan 165.000 euros. Tamén se inclúen fondos para a rehabilitación de vivendas, coa intención de mellorar a calidade de vida da veciñanza.

As contas céntranse nos servizos sociais, como Axuda non Fogar, centro de maiores, Xantar na casa e Conciliación familiar, así como polo deporte e a cultura.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.