O Parque Empresarial do Pereiro será ampliado en 230.000 metros cadrados

Cen empresas dan traballo a dous mil operarios

O Pereiro de Aguiar | O Parque Empresarial do Pereiro acaba de ver renovados os viais con nova capa de rodadura e sinalizacións verticais e horizontais, para maior seguridade de condutores e peóns.

Instalouse un novo directorio, é decir, panel de empresas modernizado, actualizado e con iluminación nocturna para mellorar a visualización.

Este parque empresarial, que xa supera os 680.000 m² e conta con preto de cen empresas e 2.000 traballadores, segue medrando. “Xa temos en trámite unha ampliación doutros 230.000 metros cadrados”, sostén o rexidor, Luís Menor.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.