
Salceda de Caselas | O Concello de Salceda de Caselas botou a andar a súa programación de Nadal co acendido do alumeado. A programación, con preto de 30 actividades para todos os públicos, extenderase ata o 5 de xaneiro.
Un alumeado de Nadal, que sabe a local, instalado pola empresa local Gildo Sonido, e que conta coa colaboración do comercio local. O alumeado acendeuse por primeira vez este venres acompañados da música da Banda dos Insectos, e encargáronse de apretar o botón máxico os rapaces e rapazas do CEP Altamira gañadores do concurso de debuxo do 25N organizado polo CEP Altamira: Icíar, Ainara, Leire, Dídac, Martín e Xandrea.
Unha programación que se desenvolverá durante un mes e que conta con citas xa consolidadas no Nadal salcedense como o Concerto de Nadal da Banda de Música Cultural de Salceda, o Festival de Panxoliñas das nosas corais ou o Encontro Internacional de Ranchos Tradicionais.
A música será protagonista tamén para a cativada, coas actuación de Uxía Lambona e a Banda Molona e o Concerto punkinfantil de Peter Punk e Brais das Hortas.
O deporte tamén será protagonista á hora de despedir o ano, coa tradicional carreira popular San Silvestre que se celebrará o venres 26 de decembro. Ademais, completan a programación deportiva a gala de Nadal do Club de Patinaxe Artística de Salceda, o partido solidario da Escola Denis Suárez en beneficio da infancia de Salceda e a Xornada de Integración e Formación para o deporte do Club Baloncesto Caselas, que contará con sesións prácticas e un ciclo de ponencias que abordarán cuestións como a prevención de lesións, o equilibrio emocional, a nutrición e a saúde integral.
A fin de semana previa á noiteboa será a protagonista, cunha nova edición do Mercado de Nadal, onde os postos de artesanía convivirán co tecido asociativo local durante o sábado e o domingo, e que contará con diversas actividades paralelas, como obradoiros e a actuación do grupo SdS. Unha finde na que poderemos voltar gozar da maxia do Tren de Nadal, e no que a cativada poderá gozar de actividades para eles e obradoiros, contando tamén coa Papanoelada Moteira, que un ano máis encherá de cor as rúas da vila e as estradas do Concello. Obradoiros infantís, rondallas, teatro e humor completan unha programación de Nadal organizada con agarimo e para o goce de toda a veciñanza e visitantes.
Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda: “Somos o Concello mais novo de Galicia e apostamos por dúas cousas importantes neste Nadal: A Cultura feita en Salceda e pensada para ese público familiar e infantil que ten o noso Concello”.
Programación
Venres 5
18.00 Acendido do alumeado de Nadal. A Banda dos Insectos. Praza do Concello.
Sábado 6
18.00 Retrincos de Castelao. Teatro. Público Familiar. Auditorio Municipal
Sábado 13
19.00 Festival de Panxoliñas. Auditorio Municipal
Coral Polifónica Santa María de Salceda
Coral Polifónica de San Mamede
Coral Polifónica de Entenza
Domingo 14
16.30 Desfile polas rúas do casco urbano da Rondalla de Pontellas.
20.00 Caselas con C de Comedia. Muiñeiras, con Oswaldo Digon, Lorena Pinheiro e Naiama Gaitas.
Sábado 20 e domingo 21
Mercado de Nadal na Praza do Concello.
Tren de Nadal. Saídas dende a Praza do Concello
Sábado 20
16.00 Papanoelada Moteira. Saída dende a Praza do Concello.
20.00 Concerto de Nadal da Banda Cultural de Salceda. Auditorio Municipal
Xornada de Integración e Formación para o Deporte. Club Baloncesto Caselas
18.00 Gala de Nadal do Club Patinaxe Salceda. Pvillon Municipal
Domingo 21
11.30 Obradoiros Infantís. Praza do Concello.
19.00 Audición da Escola de Música de Salceda. Auditorio Municipal
Martes 23
18.00. Uxía Lambona e a Banda Molona. Praza do Concello
Venres 26
16.30 Obradoiro de Doces de Nadal. Praza do Concello.
21.30 XIII San Silvestre Solidaria
Sábado 27
VII Encontro de Ranchos Tradicionais
Domingo 28
18.00 Concerto Punkinfantil. Peter Punk e Brais das Hortas. Praza do Concello.
Venres 2
19.30 Laguna e Terra, unha historia que nace en Salceda. Presentación da novela “Laguna: Memorias en el agua”. Terra editorial.
Actuación de Yennia.
Sábado 3
20.00 Caselas con C de Comedia. Isabel Risco. Auditorio Municipal
Domingo 4
16.30 Desfile polas rúas do casco urbano da Rondalla de Atios.
19.00 Concerto de Mila Ut e Ana Belén Rodríguez. Auditorio Municipal
Luns 5
18.00 Cabalgata de Reis. Saída dende a Praza da Devesa. Chegada na Praza do Concello.




