Antes da pandemia publiquei un artigo tomando ideas das teses que o crítico social italiano Raffaele Simone recollía en 2011 no seu libro “O Monstro Amable” que subtitulou “O mundo vólvese de dereitas”, artigo no que eu tamén reflexionaba tentando atopar explicación ao que está a suceder no mundo en xeral e no o meu mais próxima contorna, Europa e España.
Resumindo había, e aínda hai, preguntas claves. Porqué mesmo os cidadáns que gozan de maior grao de liberdade, os europeos, abandonan ás forzas de esquerdas, mesmo ás mais moderadas socialdemócratas, e deixan o seu futuro en mans das dereitas mais contrarias aos valores democráticos?. Onde situar aos principais responsables desta deriva, suicida para os intereses e dereitos dos cidadáns do montón?. Quen é os beneficiarios?
A primeira das preguntas esixe unha análise mais complexo para a resposta, para a segunda, segundo a miña opinión, coincidente coa de Simone, e a miña experiencia con case 80 anos e unha traxectoria a través do sindicalismo, a política activa e a xestión profesional en multinacionais, non podo adxudicar a principal responsabilidade a “os políticos” senón a “os votantes” (sobre todo aos abstencionistas), o que non quere dicir que exima por completo aos primeiros. Respecto a os beneficiarios, en 2011 a min, e creo que á maioría de cidadáns, custábanos poñer nome e cara a moitos dos que realmente lideraban e impulsaban os cambios que traían a tormenta máis que política cultural que nos ameazaba, hoxe cando quizá sexa tarde estamos en condicións de poñer nome e cara a unha boa parte dos monstros, e sobre todo ver claramente cales son as súas intencións.
“Os ideólogos e líderes da dereita mais retrograda sabían que se se usaba a man dura, cando aínda unha maioría de cidadáns era consciente do benestar que chegara cos gobernos da socialdemocracia”
Os ideólogos e líderes da dereita mais retrograda sabían que se se usaba a man dura, cando aínda unha maioría de cidadáns era consciente do benestar que chegara cos gobernos da socialdemocracia, e as políticas sociais doutras esquerdas, derivaríanse efectos negativos para os partidos e organizacións en que se agrupaban, así que durante un tempo permitiron que a neo-dereita (o termo tómoo do critico italiano) cando conseguía gobernos, case sempre en coalición, exercese o seu papel de forma case imperceptible sen coerción clara, deixando marxe aos dereitos e prestacións derivado das políticas alleas. Pero unha vez desaparecida a ameaza do comunismo como alternativa, e substituídos virtudes e valores sociais por puro consumismo e individualismo, substitución promovida polos medios de comunicación propiedade dunha exigua minoría que espreme ao planeta e á inmensa maioría de sufridos habitantes, nun proceso acelerado pola aparición dun novo poder o dixital que trasladou a batalla pola verdade e a xustiza ás eufemisticamente chamadas redes sociais, parece que chegou a oportunidade de quitarse o disfrace de monstro amable e exercer de cara, aínda que algúns dos mais perigosos exercen con discreción desde un voluntario anonimato.
Desde os cada vez menos abundantes medios de comunicación libres, privados e públicos, que aínda informan de feitos reais con datos contrastados e verificables, algúns cidadáns esforzámonos en poñer nome e cara aos monstros que están a poñer ao servizo dos seus intereses o neo-fascismo, o neo-nazismo, o racismo e integrismos relixiosos varios (musulmáns, cristiáns, xudaicos etc.)/ etc.), mentres tentan eliminar os dereitos e practicas democráticas de que aínda gozan os seus hoxe votantes, mañá victimas.
Como entre os extinguidos dinosauros, entre os depredadores a nivel global, estatal ou local hai niveles tipo Rex e outros non por menos importantes menos perigosos e agresivos, quen estea minimamente informado as caras de Trump, Putin e Netanyahu soásenlles no ámbito do poder político, ou o de Elon MusK no do poder económico e tecnolóxico quen para moitos é mais perigoso cara ao futuro (ao parecer no poder dixital mantéñense anónimos individuos que lle superan). Na sufrida Latinoamérica o acceso aos gobernos puxo rostro a media ducia que se presentan como de dereitas, e un par que se presentaban como de esquerdas, pero que usan métodos tan anti-democráticos como os anteriores. Pero mais preocupante é que Europa xa é posible identificar con nome e cara a un bo numerou que se quitou o disfrace e presiden, forman parte de gobernos ou teñen posibilidades próximas de facelo. A maior parte dos seus actos e propostas teñen un fondo ideolóxico, pero en demasiadas ocasións están trufados de maldade, no sentido ético ou moral da palabra.
Se poñemos atención ao local. Aos dirixentes coñecidos, en base ao nivel cultural e capacidade de xestión mostrados, é difícil situalos en posicións de liderado ideolóxico (incluído o daquilo de “o que poida facer que faga”, que á fin e ao cabo está a soldo dun dos depredadores de primeiro nivel). Lamentablemente en feitos dalgún dos menos importantes, pero que teñen responsabilidades de goberno, o compoñente de maldade pesa demasiado, e de forma moi evidente.
Decembro de 2025.





