Ourense | A Xunta de Galicia informou onte día 18 ás 14.16 horas iniciouse o incendio forestal rexistrado na paeeoquia de Pombeiro, Concello de Pantón, no que se mantén activa a Situación 2 de forma preventiva pola súa proximidade ao núcleo de poboación de Lornís. Segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 150 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 8 técnicos, 29 axentes, 40 brigadas, 35 motobombas, 6 pas, 4 unidades técnicas de apoio, 10 helicópteros e 8 avións.
Esta situación obrigou a pechar momentanemente a estrada N-120 de Ourense a Monforte e o tren procedente da Coruña a Ourense e logo a Lugo, Monforte, O Barco, Astorga, León e Barcelona no saíu de Ourense e os viaxeiros tiveron que facer o traxecto desde a capital das Burgas en autocares.
O incendio forestal complicouse o venres día 19 avanzou descontrolado polo tramo final do río Cabe. As chamas gañaron forza á primeira hora da tarde, azuzadas polas altas temperaturas e o vento do sur. A última hora deste venres día 19, o incendio saltaba ao río Cabe, prendía na marxe esquerda, pertencente ao municipio de Sober, e subía con forza ladeira arriba. Ás oito da tarde foran desaloxadas cinco aldeas, tres en Pantón e duas en Sober. A última actualización oficial, difundida pola Consellería do Medio Rural un pouco antes das sete da tarde, fala de 360 hectáreas queimadas.
Durante a tarde, o incendio avanzou con moita rapidez augas arriba pola marxe dereita do Canón do Cabe, ata o salto de última hora polo Concello de Pantón. Bombeiros de Monforte, Sarria e Chantada apostáronse na súa leira, a máis alta do barrio do Outeiro, para tratar de parar o lume alí onde non ardeu ningunha casa.
No pobo de Frontón (Nogueira de Ramuín) o lume excedeu este lugar por encima da estrada e achegouse por abaixo, alcanzando pola ladeira que acaba no canón do Cabe. A Garda Civil desaloxou o pobosobre as seis do serna.
O incendio acabou superando Frontón tanto por arriba como por baixo. As chamas chegaron ás paredes das casas máis expostas, pero os bombeiros e os veciños que decidiron quedar impediron que ardese algunha. Co paso da fronte do incendio non desapareceu do todo o perigo en Frontón, porque quedaban focos activos aquí e alí e aínda había xunto ao pobo moitas árbores que podían arder. Pero o maior risco trasladábase ás poboacións situadas augas arriba do Cabe, cara a onde avanzaba o lume.
A última hora da tarde do venres 19 foron desaloxados tamén os pobos de Cibrisqueiros e Budián, en Pantón. E na beira de Sober tamén os da Barca e Nogueira. Segundo a información feita pública polo servizo de emerxencias 112, en Pantón son 47 os veciños evacuados, 21 deles en Budián, 20 en Frontón e 6 en Cibrisqueiros. Non hai que descartar novas evacuacións, porque o lume está a avanzar con moita forza.
As 21.33 doe venres día 19 a Xunta de Galicia non deu máis información sobre este incendio. Na páxina web institucional recolliase a presencia do presidente Rueda en Fisterra e Lalín. A do delegado da Xunta en Lugo, no polígono do Ceao e As Gándaras e do delegado de Ourense na cadea do Pereiro de Aguiar por mor da celebración do próximo día da Merced patrona de Institucións Penitenciarias. O presidente da Deputación de Ourense, estaba na entrega de becas a deportista da provincia.