
Vigo | A Xunta de Galicia informou que o IES Castelao de Vigo foi galardonado co Premio das Letras Galegas 2026 pola súa exposición “De Circe a Morgana” adicada á figura da escritora e xornalista Begoña Caamaño, honrada este ano co Día das Letras Galegas.
Dende o propio IES Castelao informan que este premio xa foi anteriormente alcanzado na edición 2023, cando as Letras Galegas estiveron dedicadas a Francisco Fernández del Riego, repetindo ese mesmo éxito en 2025, na edición dedicada ás Cantareiras. O centro educativo aproveito para facer unha mención moi especial ao alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, encargado de realizar os debuxos que acompañaron o traballo e agradecer a implicación de todas as persoas que participaron desde os distintos departamentos —galego, plástica, música, xeografía— así como de todas as colaboradoras e colaboradores técnicos que fixeron posible que a idea se levase a cabo.




