O Grove recibe á artista estadounidense Dyna Kurtz

Concertos a dúo co excepcional guitarrista Robert Maché

O Grove | A artista norteamericana Dayna Kurtz ofrecerá tres concertos en Galicia dentro da súa xira por España na que celebrará os 25 anos que cumpre o albúm que a deu a coñecer mundialmente, Postcards From Downtown. O disco contiña un dueto con Norah Jones, cando ambas as artistas estaban a ser observadas de preto por todo o mundo da música polas súas grandes voces e as súas excelentes composicións.

Dayna Kurtz gañou en 1997 o Premio a Mellor Cantautora de Estados Unidos, aínda que finalmente foi Norah a que triunfou en cando a popularidade a nivel internacional.

As citas serán o venres 28 de novembro no Teatro Colón da Coruña, onde non actúa desde 2012, o sábado 29 no Teatro Principal da Estrada e, como nova data, estará en horario de sesión vermú no Náutico de San Vicente o domingo 30, precedendo ao seu concerto en Madrid o luns 1 de decembro.

Serán concertos nos que estará acompañada polo fantástico guitarrista Robert Maché. As entradas están xa a venda para venres e sábado en Ataquilla.com e na web. elnautico.org para o domingo. A calidade, a calidez e a emoción están aseguradas.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.