• Segue conectado
  • |

O goberno posíbel.

Cadernos da viaxe.

Independentemente da aposta do establishment mediático pola gran coalición PSOE-PP (co ramo de Ciudadanos), semella que arestora a única alternativa a unhas novas eleccións neste mesmo semestre é o chamado Goberno de progreso, seica presidido por Pedro Sánhez e vicepresidido por Pablo Iglesias.

A clave deste Goberno é a de enxergar a plurinacionalidade política do estado español. Porque a Sánchez non lle abonda co apoio de Podemos e IU. Nin sequera co de En Marea, Compromis ou En Comú Podem. Non, precisa ademáis do voto a prol do PNV e do apoio a xeito de abstención ou ausencia dos independistas cataláns de ERC e Democracia i Llibertat . Velaí o acerto de Pablo Iglesias ao considerar inviábel que Ciudadanos poida apoiar esta alternativa.
Todas estas forzas teñen, por votos, lexitimidade abonda para formar uinha base parlamentaria de apoio a un novo Goberno. Un Goberno ao que lle estará vedada a reforma constitucional, mais que terá amplas posibilidades de conformar unha axenda potente.

Un tal Goberno, no territorial, podería tentar encaixar, malia que aos poucos e diluidamente, o dereito a decidir nas nacionalidades e, mentres, revertir a prol dos poderes territoriais a recentralización de Aznar e Rajoy e restaurar a autonomía local dos concellos. Podería tamèn enfrontar un cobizoso programa de reformas legais cara a rexeneración democrática, para acadar unha gobernanza transparente e un sistema electoral máis xusto.

Canto ás políticas económicas e a axenda social, si é verdade que a Unión Europea restrinxe bastante a mare de manobra dun tal Goberno. Mais tamén é verdade que unha fronte de gobernos progresistas europeos (Grecia, Italia, Francia, Portugal, o Estado español e quizais Irlanda) podería reaxustar as esixencias de déficit de Bruxelas e propiciar un xiro cara políticas máis asimilábeis ás desenvolvidas con bó suceso por Obama. Para máis, as marxes internas (política enerxética, reformas fiscais, etc.) permitirían deseñar políticas sociais e de reactivación económica mesmo no actual contexto europeo.

Un Goberno de progreso desta caste non faría a revolución, nin falla que fai. Mais quizais fose unha posibilidade para ollar cara á cidadanía e non cara ás elites e ir desatoando os graves problemas colectivos, comezando polo social e polo territorial.


Advogado. Colabora en varios medios galegos.
Publicado o 7 Feb 2016.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies