Ponteareas | O tenente de alcaldesa, Juan Carlos González, e a alcaldesa, Nava Castro, arroupados por concelleiras e concelleiros do goberno presentaron o programa das Festas de Setembro “con propostas de calidade porque queremos potenciar as nosas festas patronais”.
Co apoio da Deputación de Pontevedra destacan no programa a Feira dos Remedios, que celebra o seu recente recoñecemento de “Festa de Interese Turístico de Galicia” conta por vez primeira cunha programación propia con potentes propostas como o concerto de Carlos Núñez no Castro de Troña o 6 de setembro. Este concerto será a antesala da lectura do pregón, co humorista Marcos Pereiro do dúo cómico “Mucha e Nucha” dende o balcón da Casa do Concello.
Outra das novidades é a aposta por un xantar popular con vestidos ao estilo principios dos anos XX. A tradición tamén se difundirá con pasos de baile co XXXVIII Festival Folclórico.
Tamén haberá espectáculos nas rúas con “Forza Ígnea”, unha proposta visual de lume adaptada á época para despedir a xornada con maxia e intensidade antes da actuación das orquestras “Suavecito” e “Tokyo” na Praza Maior e avenida Rosalía de Castro. O domingo día 8 non faltará a música da banda de música Reveriano Soutullo, nin as orquestras na Praza Maior que, por vez primeira tamén se amosarán as creacións do artista e escritor Alfonso Pexegueiro unha cita en Artistea baixo o nome “Liñas poéticas” do 24 de setembro ao 19 de outubro.
Os tradicionais globos de San Miguel surcarán o ceo o luns día 29, completando a xornada festiva con espectáculo de maxia infantil, o concerto da Banda de Música de Unión de Guláns e o peche a cargo da orquestra “Panorama City” na Praza Maior a partir das 22:30 horas.
O Gran Premio de ciclismo Festas de Setembro Borja Gómez Méndez será o domingo 14, día no que tamén se celebrará a Festa do Pemento de Guláns. O sábado 20 teremos o LVII Concurso de Gaitas de Ponteareas, o máis antigo de Galicia que cada ano enche de música as rúas no seu desfile previo.