
Cando a tradición manda non hai inclemencia climática que poida con ela. A convicción cidadá de que o Entroido segue vivo e non pode parar foi suficiente para superar a sucesión de choivas e de incidencias meteorolóxicas que durante máis de 40 días caeron sobre os Concellos galegos. Non importa se o ceo estaba gris; os desfiles das comparsas, os disfraces, a música, a retranca e a gastronomía encheron de cor e ilusión, unha vez mais, ás rúas galegas.

Cinco días de festa no Porriño.

Concurso de comparsas e charangas na Cañiza.

Case un millar de persoas no Entroido guardés.

18 comparsas desfilaron polas rúas de Gondomar.

Vigo non escapa á maxia do Entroido.

Nigrán celebrou o XI Concurso de Entroido Intercentros da Comarca do Miñor.

Música e cor nos disfraces en Ponteareas.

Ilusión en Tomiño.

En Mos desfilaron pola Avenida de Sanguiñeda.

O Enterro do Bacallau despediu o Entroido en Tui.




