O embarcadoido de Paradela no río Sil, en situación lamentable

Ningunha administración se fai cargo dos arranxos necesarios

Castro Caldelas | O embarcadoiro no río Sil en Paradela, Castro Caldelas, está nunha situación lamentable. Pese as xestións realizadas polas empresas ante a Confederación Hidrográfica Miño Sil (CHMS), Concello de Castro Caldeas e Xunta de Galicia, a situación non se arranxou na temporada do verán co peligro que supón. Cada administración dí que non é competencia de cada unha delas. Os empresarios interesados na solución do problema, están dispostos a arranxalo pero tampouco os deixan actuar.

Nembargantes, na próxima fin de semana haberá 7.283 pernoitas no territorio da Ribeira Sacra. As mellores perspectivas de ocupación téñena os hoteis de tres e catro estrella e as casas de turismo rural. Este 70% de ocupación sería a cifra máis alta para a ponte de principios de decembro desde que o consorcio de turismo empezou a facer rexistros.

Novembro pechouse cun 35,7% de ocupación media. Por categorías, a ocupación foi a seguinte: hoteis de 3 e 4 estrelas, 62,40%; turismo rural, 23,89%; vivendas turísticas e de uso turístico, 4,99%; albergues, pensións, cámpings, apartamentos e hoteis de 1 e 2 estrelas, 47,48%. A media de ocupación as fins de semana foi do 50%, o 70% nos hoteis de 3 e 4 estrelas.

Pero a situación na que se atopan algunhas infraestruturas non gustan aos turistas e moitos viaxeiros amosaron o seu disgusto ao sector empresarial das bisbarras de Caldelas e de Lemos.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.