
Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño ven de rematar as obras de mellora das Instalacións Deportivas da Canuda por un importe de máis de 139.000€, financiadas a través do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra.
Precisamente este luns 27 de outubro ás 17:00 horas terá lugar a inauguración do espazo onde invitamos a participar a todos e todas neste acto para coñecer as pistas renovadas.
As obras englóbanse dentro do Plan Municipal de Mellora de Infraestruturas Deportivas, que nestes catro anos investirá máis de un millón de euros nas diferentes infraestruturas do municipio co fin de mellorar os servizos que ofrece o Concello aos seus veciños e veciñas.
O Concello de Salvaterra de Miño inviste en deporte, inviste en saúde e benestar da súa poboación.




