Ponteareas | O CPR Plurilingüe La Inmaculada rematou este 19 de xuño o proxecto medioambiental “Superheroes polo Planeta” que comezou no mes de setembro coa realización dunha xornada de portas abertas a que asistiron familias, antiguos alumnos e autoridades locais e de educación.
Nesta xornada presentouse este proxecto medioambiental coa realización de talleres relacionados cos seis equipos que traballaron durante todo o curso escolar: compostaxe, horta escolar, invernadoiro, Bomba de filtrado para a nosa Lagoa da Constancia, Hotel de insectos e Xardín de bolboretas, fomentando así o traballo cooperativo.
A xornada comenzou ás 11h da mañá coa recepción por parte dos alumnos e alumnas de 3o e 4o de ESO, de todos os que se acercaron ao colexio, onde explicaron o proxecto e guiaron aos asistentes polos diferentes talleres.
Dentro das diferentes actividades que realizaron, destacaron a elaboración de pequenos hoteis de insectos, elaboración de macetas biodegradables e plantación de diferentes sementes, recolleita de produtos da horta ecolóxica, confección de diferentes manualidades coma bolboretas de papel, lenzos da nosa charca, plantación de sementes en algodón, xogos, …
Para cada equipo fíxose un papel informativo con diferentes QR para facelo máis inclusivo e explicado en diferentes idiomas.
E isto é solo o comezo. Para o curso que vén seguirase loitando como verdadeiros superheroes polo medioambiente.