O Corpus, emblema do primeiro museo ao aire libre en Ponteareas

A Deputación de Pontevedra investirá 442.000€ neste proxecto

Ponteareas | A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar o convenio co Concello de Ponteareas para levar a cabo a creación do primeiro museo ao aire libre da vila, cun investimento que ascende a máis de 442.000 €. Trátase dunha actuación enmarcada no Plan de Sostibilidade Turística no destino Condado-Paradanta, “Unha terra entre ríos”, financiado con fondos da UE.

O presidente da Deputación Luis López detallou que con este investimento vaise recuperar e adecuar o inmoble situado na Praza Vella nº10 de Ponteareas e tamén se porán en valor os elementos asociados á Festa do Corpus Christi, sinal de identidade da vila, para a súa integración nun espazo museístico aberto.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.