O Condado e A Paradanta, protagonistas do Día Europeo do Patrimonio Termal

Cun Congreso de Expertos e visitas guiadas os días 11, 12 e 13 de outubro no Balneario de Mondariz

Mondariz Balneario | A Asociación Europea de Cidades Termais Históricas (EHTTA) elexíu o territorio das comarcas do Condado e da Paradanta para celebrar a VI Xornada Europea de Patrimonio Termal que arrincará este mércores día 11 de outubro coa recepción na que participarán, César Gil, alcalde de Mondariz Balneario; Víctor Leal, vicepresidente de EHTTA; Ricardo Fuciños, director de Balneario de Mondariz; Manuel Rey Duro, director xeral do hotel Balneari Vichy Catalan; Paul Simons , asesor GSTE; Giuseppe Bellandi, ex alcalde de Montecatini Terme y expresidente de la EHTTA; o presidente do GDR Condado Paradanta, Pablo Castillo e o presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López.

A continuación, na salón Infanta Isabel do complexo hoteleiro Balneario de Mondariz, comezará o congreso de expertos en termalismo liderado por Mario Crecente, arquitecto experto en patrimonio e presidente do comité científico da EHTTA, que irá conducindo aos e ás conferenciantes chegadas de distintos puntos do continente. Jorge Mangorrinha, PhD, Centro de Estudos Globais da Universidade Aberta (Portugal); Anne Pirard, Site Manager Spa (Bélgica), Patrimonio de la Humanidad, Grandes Ciudades Termales de Europa; Samantha Bosshart, directora ejecutiva, Saratoga Springs Preserva Ron FoundaRon e Álvaro Bonet, experto na figura de Antonio Palacios reflexionarán arredor de termalismo afondando no pasado e proxectando o futuro. O director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, será o encargado de clausurar o congreso.

Ao remate do congreso, haberá unha romaría e unha feira gastronómica na que a vila portuguesa de Caldas da Rainha estará como convidada especial. A seguir, o técnico de turismo e guía oficial de Galicia, Valentín Verea guiaranos pola paisaxe terapéutica de Mondariz Balneario.

O xoves día 12 estudarase a fonte de Troncoso; o Castro de Troña, en Ponteareas, co arqueólogo Hidalgo Cuñarro; a fonte de augas sulfurosas de Sabaxáns en Mondariz; o invernadoiro e xardíns do antigo hotel co arquitecto e paisaxista Gaspar Bernárdez e culminará esta xornada a visita inmersiva e teatralizada “Vida Social no Balneario de Mondariz 1920”, unha posta en escena destes anos dourados na que a veciñanza de Mondariz, Mondariz Balneario e Ponteareas se transformará en extras.

Coordinados pola produtora experta en visitas teatralizadas, EscénaTe, nesta tarde de xoves mergullaranse nos anos 20 e nos xardíns do balneario escoitarase música en directo, haberá servizo de bar na terraza que montará o CIT (Centro de Iniciativas Turísticas de Mondariz Balneario) e serán testemuñas de interpretacións esporádicas nas que revivirán Emilia Pardo Bazán, Ramón Cabanillas ou o propio Enrique Peinador. O GDR convida a toda a cidadanía a participar neste paseo que transportará a aqueles anos de esplendor termal e cultural. Un espectáculo aberto ao público que volverá na tarde do sábado día 14 e na mañá do domingo día 15.

Pero ademais das visitas inmersivas nas que recrearse no pasado dun xeito lúdico e didáctico tamén haberá workshops con célebres figuras da arquitectura como César Portela que explicará a rehabilitación da fonte de Troncoso durante a xornada do día 12 na que tamén se celebrará unha romaria cunha feria gastronómica que terá como convidada especial a vila portuguesa de Caldas da Rainha.

As visitas, froito do convenio entre o GDR Condado Paradanta e Turismo de Galicia, continuarán o venres día 13 salientando a riqueza destas terras capaces de producir os mellores viños do mundo pero tamén do interese das súas xentes polo coñecemento científico e espírito emprendedor capaz de obter o mellor do noso territorio. A primeira visita será á planta embotelladora de Aguas de Mondariz da man de Alberto Cabadas, director da planta.

A continuación, porase rumbo ao Centro de Interpretación do Alto Tea nos Carranos, Covelo, a maior xoia viva da industria dos anos 20; despois desprazaranse ao concello de Arbo para visitar Arabo -Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea, un museo interactivo no que aprender sobre os viños da D.O “Rías Baixas” da sub-área Condado de Tea e sobre a saborosa lamprea das augas o pai Miño. Ao remate visitarase unha adega local na que coñecer os caldos da zona. Pola tarde continuarán as visitas, esta vez ao Concello de Salvaterra de Miño, ao espazo termal de Teáns.