• Segue conectado
  • |

O Concello de Salceda vai a contar cun inventario municipal de viais e camiños públicos

O inventario vai a permitir axilizar a concesión pública das licencias municipais aos veciños e veciñas do Termo Municipal
 Salceda de Caselas |   O Concello de Salceda de Caselas, ven de aprobar en pleno a Proposta de Aprobación de Inventario dos Bens Inmobles seguintes: vías públicas, redes eléctricas e instalacións de auga e saneamento. A finalidade do inventario é, por unha banda, coñecer as características de
anchura, lonxitude, pavimentación de todos os viais públicos existentes no Termo Municipal, así como dos servizos cos que conta, como son o número de luminarias e instalacións de auga e saneamento coas súas coordenadas correspondentes.
O inventario é clave para proporcionar unha maior seguridade xurídica na concesión das licencias aos técnicos municipais, entre os que se atopan o persoal de Servizos Urbanísticos, Secretario, e Interventora, que grazas ao documento final poderán certificar coa máxima garantía todo o referente a urbanismo e tamén cara a petición de subvencións adscritas a mellorar os servizos municipais.
Outros servizos non municipais, tamén verán mellorada a súa xestión, a través da prenumeración, que permitirá obter a numeración definitiva das vivendas, problema existente, sobretodo nas parroquias, que axilizará e garantirá o traballo de servizos como o reparto de correspondencia das diferentes empresas encargadas da distribución de mensaxería.
No inventario se recuperará e conservará a toponimia dos catrocentos trinta camiños e viais públicos Municipais, recollendo a través dun documento público, o nome histórico dos mesmos, polo que os veciños e veciñas os coñecían dende fai moitas décadas.
Vaise a abrir un período de exposición pública coa finalidade de permitir a todos e todas as veciñas de Salceda, participen na mellora do documento inicial a través das súas aportacións, antes da aprobación definitiva do inventario. Este período será o de 30 días hábiles a partir da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
A empresa adxudicataria é LAYA que a día 23 de Outubro de 2012 presentou no rexistro da Casa do Concello o os sete tomos que recollen o inventario dos bens inmobles citados coa cartografía correspondente. O orzamento total adxudicado para a realización do inventario ascende a .19.234 euros.
Fortunato Álvarez, Concelleiro de Vías e Obras agradece “ a implicación dos veciños e veciñas de Salceda que traballaron na realización do inventario, facilitando datos claves para coñecer o nome dos viais e camiños municipais, que foi clave para desenvolver o traballo tanto ao servizo técnico e executivo do Concello como á empresa encargada de realizar o inventario”.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda e Concelleiro en urbanismo, asegura que “é moi importante garantir unha maior seguridade xurídica na concesión de licencias, ademáis de axilizar o proceso de concesión. O noso Concello nunca contou cun inventario de viais e camiños públicos municipais dende a súa existencia que ven datada do ano 1836. Este proxecto é ambicioso e necesario para que o Concello rexistre as súas propiedades, sendo de caracter urxente os seus viais públicos”.

Publicado o 7 Nov 2012 en Salceda de Caselas, Urbanismo.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies